O Concello de Salvaterra de Miño organiza en colaboración coa asociación Secot unha formación en novas tecnoloxías para maiores dentro do programa “Conectando Mayores”.
O curso terá lugar os días 21 e 22 de outubro na Casa do Maior en Leirado e o 4 e 5 de novembro na Biblioteca Municipal de Salvaterra en horario de 11:00 a 12:30 horas.
A actividade totalmente gratuíta ten como fin incorporar o coñecemento das tecnoloxías de comunicación móbiles ós maiores para que utilicen os dispositivos (Smartphone e Tablets) na súa vida cotiá como ferramentas de apoio e en concreto no uso da banca móbil e compras online.
Para inscribirse as persoas interesadas poderán facelo a través do correo animacion@concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 617 189 167.