Salvaterra organiza un curso de novas tecnoloxías para maiores

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Salvaterra de Miño organiza en colaboración coa Fundación Amigos de
Galicia un curso de novas tecnoloxías para maiores dentro do programa “Mellor
Acompañad@s”.

O curso terá lugar os días 18, 25 de marzo e 1 e 8 de abril en dúas ubicacións diferentes
na Casa do Maior en Leirado de 09:00 a 11:00 horas e na Casa do Conde de 11:30 a 13:30
horas.

A actividade totalmente gratuíta ten como fin que as persoas maiores de 65 anos sexan
capaces de desenvolverse cun caixeiro automático, utilizar o teléfono móbil (agregar
contactos na axenda, realizar vídeochamadas, utilizar o GPS, descargar aplicacións,
conectarse a unha rede Wifi, entre outras), utilizar as máquinas de quendas dos hospitais
e operar na aplicación do Sergas.
Para inscribirse as persoas interesadas poderán facelo a través do correo
comunicacion@concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 629 77 01 77.

Comparte este artigo