O Concello de Salvaterra de Miño, quen lograra máis de 600.000 euros para o proxecto de mellora e optimización das instalacións deportivas do campo de fútbol Municipal Antonio Bernárdez Gándara – Dextros, ultima detalles para a inauguración da reforma que terá lugar o domingo 11 de xaneiro ás 17:00 horas nun partido de liga entre a S.D. Salvaterra e o Mondariz F.C.
Así o Concello de Salvaterra pon fin as obras de mellora deste campo, que a día de hoxe xa conta cuns dos mellores campos de xogo da provincia, e que será un referente en eficiencia e modernidade. Todo grazas á subvención e axudas do Consello Superior de Deportes a entidades públicas titulares de infraestruturas para mellora e optimización de instalacións e espacios deportivos que fomenten o turismo deportivo sostible, con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia e ó Fondo de Cooperación Local destinado á realización de inversión en infraestruturas municipais de carácter estratéxico da Xunta de Galicia.
As obras de mellora inclúen o cambio de alumeado a led que suporá unha reducción de máis dun 50% no consumo, paneis solares na cuberta da grada, un sistema de fototermia con catro acumuladores de 200, un sistema de renovación de aire en vestiarios e aseos e sistema de alumeado a led. Ademais contémplase a renovación de vestiarios, cimentacións, fachada, carpintaría e cuberta, illamentos, fontanería e saneamento, e a renovación dunha parte do peche perimetral. Outras melloras serán o novo aseo adaptado na zona de caldeiras, persiana de peche na zona de cantina, nova cuberta na grada e saneamento da estrutura, mellora no acceso ó recinto deportivo con bancos, árbores, pérgola, papeleiras e elementos para mellorar a accesibilidade. Por outra banda instalarase un vídeo marcador dixital de 3×2 metros ademais de incluir a xestión automática de acendidos e apagados e funcionamento climatizador e mellora na rede perimetral do recinto.
Con esta intervención o Campo de Fútbol Antonio Bernárdez Gándara-Dextros será un auténtico referente en toda a comunidade. Salvaterra de Miño é un Concello que crece, con poboación xove que practica deporte e que necesita que as súas instalacións sexan modernas e eficientes.



