HomePontevedraO CondadoSalvaterra presenta a Programación especial do Nadal

Salvaterra presenta a Programación especial do Nadal

- Anuncio -spot_img

Música, cine, actividades deportivas e culturais forman parte da programación.
Chega o mes de decembro e o Concello de Salvaterra de Miño presenta a que será a
programación de Nadal para os vindeiros días. Dende a Concellería de Cultura que dirixe
Lorena Soto elaborouse un programa dirixido a tódalas idades con actividades moi
atractivas.

Dende o venres 8 de decembro en Salvaterra de Miño haberá concertos de corais, bandas
e músicos locais ademais de festivais, obradoiros, cine, música e un mercadillo de Nadal.
Precisamente esta última é unha das novidades que, coincidindo coa inauguración da
decoración da Praza do Concello na que participan os centros educativos e o módulo de
Carpintaría do IES Salvaterra de Miño, terá lugar os días 15 e 16 de decembro.

Entre toda a programación destacamos as actuacións de Nadal das asociacións culturais
e deportivas do noso municipio ademais da celebración da xa tradicional San Silvestre.
Unha carreira solidaria que se celebrará o 23 de decembro na que poderán participar
pequenos e maiores aportando un produto non perecedoiro para o Banco de Alimentos.
Toda a información da carreira publicarase nos vindeiros días.

Por outra banda, a Casa da Cultura de Salvaterra de Miño incluirá actividades para @s
máis pequen@s. Coas proxeccións das películas “El Gato con botas, el último deseo” e
“Tadeo Jones 3” e a obra de teatro “Un conto de Nadal”. O día 28 de decembro chegará
a Salvaterra un espectáculo moi recomendado para toda a familia, “Molto Barroco”,
incluido dentro do programa Tornar ás Táboas da Deputación de Pontevedra.
A Biblioteca Municipal de Salvaterra será outro punto clave que continúa con actividades
para nenas e nenos. Neste caso terá un obradoiro de adornos dirixido a aqueles de entre
3 e 11 anos.
Non podemos esquecer datas fundamentais no calendario como son a visita de Papá
Noel, o Apalpador ou os Reis Magos que se celebrarán os días 24 e 27 de decembro e o
5 de xaneiro respectivamente.

Publicacións Relacionadas