No ano 2024 Salvaterra de Miño realizaba unha auditoría municipal da rede de saneamento para a detección de inflitracións que nos marcaba os pasos a seguir para mellorar a rede municipal.
A través desta subvención o Concello centrará as súas primeiras actuacións na dixitalización de catro estación de bombeo de augas residuais (EBAR) co fin de mellorar a xestión dixital do ciclo urbano da auga e mellorar a súa vez o control e a calidade das augas nos vertidos de augas residuais. Os bombeos nos que se actuarán serán no de Fornelos, Cordeiro, Pesqueiras e Alxén; onde se substituirán os cadros eléctricos, instalarase un sistema de tele xestión e supervisión remota de funcionamento e fallos do mesmo, un sistema de visualización de nivel e un sistema de control de niveis.
O proxecto desta actuación ascende a máis de 60.000 euros, cunha aportación municipal de preto de 18.000 euros.



