O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e os representantes da Escola de Fútbol Villa de Marín presentaron esta mañá o VII Torneo Internacional Tucho De la Torre
- Categorías Alevín e Benxamín F8.
O próximo xoves, 8 de decembro, xogarase a Fase Previa e os campións de cadacategoría serán os que obteñan o billete para xogar o sábado 10 a fase final. San Pedro encherase de fútbol fa man de varias das canteiras máis importantes como son o RC Deportivo da Coruña, o RC Celta de Vigo, o Real Sporting de Xixón, o CD Lugo, o Pavillón de Ourense, o Xuventude Oroso, o SC Braga, o Vitória Sport Clube de Guimaraes… - A emoción final vivirase o domingo 11, cando se xogarán cuartos, semifinais e finais.



