Home Pontevedra Santo Estevo prepara a Festa da Mazá con máis de 4.000 quilos...

Santo Estevo prepara a Festa da Mazá con máis de 4.000 quilos de froita da parroquia

- Anuncio -
  • A alcaldesa, Digna Rivas agradeceu aos veciños e veciñas a súa gran labor e felicitounos “polo seu compromiso e por demostrar esa gran unión que se vive na parroquia entre toda a veciñanza”.
  • A Festa da Mazá Val do Maceiras celébrase os días 5 e 6 de outubro. Os asistentes poderán degustar sidra artesá e diferentes pratos elaborados coas mazás da parroquia. Tamén se venderán maceiras e froita a granel. Haberá música en directo, o pregón correrá a cargo da cineasta Diana Toucedo e o actor Pepo Suevos porá a nota de humor co seu monólogo.

O Concello de Redondela acolleu hoxe a presentación da Festa da Mazá Val do Maceiras que se celebra esta fin de semana, os días 5 e 6 de outubro. O evento está organizado pola asociación veciñal de Santo Estevo de Negros en colaboración co Concello. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez, recibiron a unha nutrida representación do colectivo veciñal que traballa nesta festa, aos que agradeceron a súa gran labor. Rivas felicitounos “polo seu compromiso e por demostrar esa gran unión que se vive na parroquia entre toda a veciñanza”.
O presidente da asociación, Antonio Figueroa, explicou que se recolleron máis de 4.000 quilos de mazá da propia parroquia de Santo Estevo para degustar na festa en diferentes elaboracións, tanto de sidra como de pratos doces e salgados. Entre as novidades deste ano está o “membrillo de mazá” que elaboran na propia asociación e unha selección de produtos “gourmet”, así como a venda de maceiras e de mazás a granel. Como é tradicional ofreceranse pratos de chourizo á sidra, bacallau con mazá, empanada, lombo e polo con mazá e tortas elaboradas tamén con esta froita da parroquia. Figueroa destacou tamén “o gran traballo que se fai grazas á veciñanza da parroquia, son case medio cento de persoas de Santo Estevo as que participan nos preparativos e esa unión entre todos e todas é o mellor”.
Durante os dous días haberá música en directo, o pregón correrá a cargo da cineasta Diana Toucedo e o actor Pepo Suevos porá a nota de humor co seu monólogo.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas