HomeVigoO PorriñoSaúde na Escola: o non ao consumo de drogas comeza no cole

Saúde na Escola: o non ao consumo de drogas comeza no cole

- Anuncio -spot_img

• Nesta campaña de prevención do consumo de drogas participan un total de 251 alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria do Porriño e tamén de Mos

O Concello do Porriño, a través da concellería de Sanidade e a OMIX, está a levar a cabo nos colexios o Programa de Prevención Universal do Consumo de Drogas no ámbito educativo “Saúde na Escola”, co obxectivo de sensibilizar e informar aos máis pequenos sobre as consecuencias e riscos do consumo de drogas e tamén dotalos das ferramentas necesarias para combater a intención do seu consumo.

Nesta campaña participan un total de 251 alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria do Porriño e tamén de Mos. En concreto, son nove aulas de colexios do Porriño e cinco aulas de Mos, con catro sesións de traballo en cada unha.

Nas mesmas traballarase para potenciar a súa autoestima, a súa capacidade de decisión e autonomía persoal así como o autocoñecemento e a asertividade como medios para fomentar a resistencia á presión de grupo. Coñecerán tamén os efectos e os riscos que derivan do uso das drogas para corrixir os mitos que se manteñen en relación ao consumo e traballarase para favorecer os eu sentido crítico fronte á propaganda que potencia o consumo de substancias legais con argumentos de anticonvencionalismos e busca de sensacións.

Este programa está financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través da subvención para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos en concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicacións Relacionadas