HomePontevedraDezaSEDEXPO 2023 arranca con gran dinamismo na súa exposición e programa para...

SEDEXPO 2023 arranca con gran dinamismo na súa exposición e programa para mostrar o último en seguridade, defensa e emerxencias

- Anuncio -spot_img

• NA XORNADA DE HOXE CELEBRÁRONSE PRETO DUNHA VEINTENA DE CONFERENCIAS E NUMEROSOS TALLERES, DEMOSTRACIÓNS, ACTIVIDADES CON SIMULADORES E ESPECTACULARES SIMULACROS, DE RESCATE NA AGUA CUN VEHÍCULO ACÚATICO ELÉCTRICO E DE EXTINCIÓN DUN INCENDIOS CON MEDIOS TERRESTRES E AÉREOS

• O CERTAME, QUE FOI INAUGURADO ESTE MEDIODÍA POLO CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL, JOSE GONZÁLEZ, CELÉBRASE ATA O XOVES NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

A II Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2023, abriu esta mañá as súas portas no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. E nesta primeira xornada xa volveu marcar a diferenza polo seu carácter dinámico e o alto nivel das súas actividades.

Inaugurada este mediodía polo conselleiro do Medio Rural, José González, quen estivo acompañado do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e doutras autoridades, a feira mostra as últimas innovacións de 209 firmas de 24 países, das cales 83 son expositores directos de dez países, como son Alemaña, España, Francia, Israel, Italia, Letonia, México, Países Baixos, Paquistán e Portugal.

Ademais, o seu programa de actividades acolle multitude de propostas, xa en marcha dende primeira hora, sumando preto dunha vintena de conferencias e numerosos talleres, demostracións e simulacros.

Así, o II Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes, organizado pola Consellería do Medio Rural desde hoxe ata o xoves no marco de Sedexpo, deu comezo ao programa, sendo inaugurado polo director xeral de Defensa do Monte da Xunta de Galicia, Manuel Rodríguez, quen falou sobre o “Proxecto Interlumes: loita contra incendios forestais na fronteira hispano-lusa”

Ao Congreso fóronse sumando numerosas xornadas centradas en aspectos de gran interese, como a protección executiva público-privada, con notables participantes, como o coronel do Estado Maior Fupro Armada, Samuel Morales; o presidente da Asociación de Escoltas de España, Vicente de la Cruz; o oficial de Policía José Luis Olazabal Ibars; e o especialista en protección executiva Ivan Ivanovich. Tamén se falou de como xestionar grandes volumes de operacións con drons, desafíos e solucións en ciberseguridade por parte da Garda Civil, de Protección Civil e emerxencias por parte da Xunta de Galicia, de mitos e lendas dos tiroteos ou como funciona un servizo provincial de bombeiros, por parte da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB).

Ademais, celebráronse talleres, como o de soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática, organizados pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia -061, e o de xestión operativa e mando (GOM), da APTB. Esta asociación na comunidade, APTB Galicia, realizou ademais tanto a súa asemblea como unha reunión da súa xunta directiva.

Simulacros e demostracións

As demostracións e simuladores volven ser sinal de identidade desta segunda edición de Sedexpo, a cal está patrocinada pola Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estratéxica liderada pola Xunta de Galicia que ten como finalidade promover solucións innovadoras baseadas en vehículos aéreos non tripulados (UAVs).

Así, ao longo de día celebráronse exhibicións dun vehículo acuático eléctrico no lago do recinto con supostos de procura inmediata de persoa desaparecida na auga, vítima activa e pasiva e persoa con dificultade na auga, ademais de maniobrabilidade en superficie e subacuática. Sumáronse demostracións dun posto de mando avanzado para coordinar eficazmente os servizos públicos, privados e sanitarios en eventos, as funcionalidades de distintos drons ou as da aplicación Alertcops, a cal facilita a comunicación dos cidadáns coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para alertar sobre unha situación delituosa da que se é vítima ou testemuña.

Ademais, recreouse a extinción dun incendio con ataque combinado de medios aéreos e terrestres para a defensa dunha vivenda illada e manobras de autoprotección, organizado pola Xunta de Galicia.

Este carácter dinámico de Sedexpo estendeuse tamén hoxe a outras actividades, como as protagonizadas polo simulador 3D de condución de ambulancias en realidade virtual, presentado polo CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel e gañador do premio Proxecto de Innovación na FP 2022 que os asistentes puideron probar, ou un simulador de tiro e combate e prácticas extremas en alto estrés en tiro simulado, pensado para que as forzas da orde, as forzas especiais e a seguridade consigan un mellor adestramento con escenarios dinámicos baseados en intelixencia artificial e instrución táctica

Publicacións Relacionadas