Home O Condado Mondariz Segunda edición do Festivaliño: Un encontro musical inigualable en Galicia

Segunda edición do Festivaliño: Un encontro musical inigualable en Galicia

- Anuncio -

O 24 de xullo de 2024, celebrarase a segunda edición do Festivaliño, un festival de música que se consolidou como un referente na rexión. Organizado pola Promotora do Val, integrada por veciños de Mondariz e Ponteareas, este evento ten como obxectivo non só promover a música urbana e electrónica senón tamén destacar a beleza e o potencial cultural da ELM Vilasobroso.

O Festivaliño distínguese pola súa esencia única, combinando música urbana e techno nunha progresión que culmina nunha noite inesquecible. Este ano, o festival conta cun cartel impresionante, encabezado por Alvama Ice, Fernanda Martins e Lles Enxebres, seguidos de Blondex, Jayxme, Javi Torres, Iván Alonso e Marsal Ventura; DJs recoñecidos tanto a nivel nacional como internacional. Estes artistas, que pasaron polos festivais máis prestixiosos do mundo, prometen ofrecer unha experiencia musical incomparable.

Os asistentes poderán gozar de casetas de maquillaxe gratuítos e unha caseta de tatuaxes, entre outros. Estas novas incorporacións aseguran que o Festivaliño sexa un evento 360, ofrecendo unha noite especial chea de música, entretemento e servizos de lecer e gastronomía para todos os gustos.

A localización, rodeada de natureza, brinda un ambiente máxico e relaxante que complementa a enerxía dos DJs e a música en vivo.

Calis Montes, alcalde de Mondariz, expresou a súa gratitude cara á organización do festival: “Agradezo á Produtora do Val polo seu apoio á cultura e o lecer no noso municipio. Este tipo de proxectos non só poñen no mapa á nosa localidade, senón que tamén crean un espazo onde a comunidade pode reunirse e celebrar nunha contorna tan idílico”.

O Festivaliño non só promete ser unha noite de música e diversión, senón que tamén mira cara ao futuro co obxectivo de crecer cada ano. Para 2025, os organizadores planean ampliar o festival, aumentando o número de artistas e estendendo a duración do evento.

Cunha data coidadosamente seleccionada para evitar coincidir con outros festivais en Galicia, o 24 de xullo perfílase como unha data emblemática que, co tempo, identificarase plenamente co Festivaliño.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas