Home Pontevedra A Lama Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén – Tea

- Anuncio -

A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia.

Esta mañá, o Castelo de Soutomaior, foi o escenario para a sinatura do convenio da agrupación de Protección Civil Oitavén – Tea. Unha agrupación conformada por seis concellos de todas as cores políticas. Unha agrupación, que nace froito dun gran acordo entre alcaldes, e conten cun importante incremento de recursos e persoal, o que a súa vez suporá a mellora da prestación de servizos.

Unha sinatura na que esta mañá estiveron presentes Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior; Xoán Carlos Montes, alcalde de Mondariz; César Gil, alcalde de Mondariz Balneario; David Carrera, alcalde da Lama; Juan Pablo Castillo,   alcalde de Covelo; Emiliano Lage, alcalde de Fornelos de Montes; Mónica Oliveira, presidenta da. Agrupación de Protección Civil Oitavén-Tea; Cesáreo Portas, presidente da Agrupación de Protección Civil de Cangas; Juan Benito Insua, xefe da área técnica de Emerxencias da Xunta de Galicia e Joaquín Queizán xefe de sala do CECOP.

Con este convenio os 6 concellos contan con novo equipamento e maximizan o rendemento de Protección Civil prestando un mellor servizo a un menor custe. Así mesmo, a nova agrupación ten opción a mellores subvencións, o que a súa vez repercutirá na obtención de máis e mellor material para executar as súas funcións. Ademais, de acordo co negociado coa Dirección Xeral de Emerxencias, esta nova agrupación conta con profesionais con ampla formación no sector das emerxencias contratado a tempo completo.

Con esta cohesión os seis concellos que conforman esta agrupación pasarán a ter un operativo de Protección Civil con máis de 30 voluntarios, unha cifra que se incrementará nos vindeiros meses coa incorporación de novos voluntarios que na actualidade están realizando cursos formativos.

Deste xeito, Protección Civil Oitavén – Tea contará con 4 vehículos: 2 todoterrenos, 1 furgoneta, 1 turismo, 2 remolques de emerxencia, 2 carpas, 1 moto e equipamento para operativos especias e atención sanitaria.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, quixo nesta xornada “ agradecer a boa disposición de todos os alcaldes dos diferentes partidos políticos que conforman estes concellos: PSOE, PP, BNG e Independente, partidos, todos eles, que traballaron por un gran acordo que vai a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza de todos os municipios, no caso de Soutomaior teremos, ademais, un importante mellora de recursos a aforraremos máis de 12 mil euros en relación ao que se viña gastando en anos ateriores”. Ao que Lourenzo engadíu que esta agrupación “´é unha exemplo de unión de esforzos e de antepoñer os intereses da veciñanza por enriba das lexítimas diferenzas políticas que permitirá que calquera veciña ou veciño destes concellos poda chamar ao 112 para recibir a atención de Protección Civil”.

Relacionadas

O concello de Salvaterra de Miño organizaun ano máis un curso de defensa persoal...

0
O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de marzo un curso de defensa  persoal para mulleres. A finalidade é a apredizaxe...

A vicepresidenta Luisa Sánchez clausura na sede da Deputación en Vigo o III Torneo...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou esta tarde na Sede da Deputación en Vigo o III Torneo Nacional de Debate. Sánchez...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no Teatro Salesianos á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, que celebrou esta...

15 maiores reciben atención nun proxecto pioneiro en Parderrubias

0
O Concello achegou parte dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para este proxecto               A xefa da unidade contra a...

O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para que a Xunta regule as plantacións...

0
Os deputados nacionalistas Brais Ruanova, Sonia Vidal e Ariadna Fernández  reuníronse coa Asociación de Veciños de Carregal para coñecer as súas inquedanzas sobre as...

O departamento de Infraestruturas e Sostibilidade denuncia actos vandálicos contra a iluminación pública e...

0
- Nos últimos días rexistráronse varios casos de roturas en lámpadas de farois causadas por disparos de escopetas de aire comprimido na avenida de...

Publicacións Relacionadas