Home A Paradanta A Cañiza Seis concellos da provincia contarán con novas caldeiras de biomasa grazas á...

Seis concellos da provincia contarán con novas caldeiras de biomasa grazas á Deputación

- Anuncio -

Carmela Silva: “Seguimos apostando por novos sistemas enerxéticos que aforran custes e que son respectuosos co medio ambiente”

O proxecto, que conta cun orzamento de 454.546 euros, permitirá actuar nos concellos de Cangas, Portas, Redondela, Tomiño, Vilaboa e A Cañiza

A Deputación de Pontevedra inicia o proceso para contratar ás empresas que subministrarán a unha vintena de infraestruturas municipais de seis concellos da provincia de novas instalacións para uso térmico. En concreto, os concellos de Cangas, Portas, Red0ndela, Tomiño, Vilaboa e A Cañiza, poderán substituír o sistema que empregan actualmente por caldeiras de biomasa, o que permitirá reducir a demanda enerxética, o consumo e as emisións de residuos de carbono.

O proxecto conta cun orzamento de 454.546 euros, dos que 387.900 euros, é dicir, o 80%, están financiados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE). Desta maneira, como explicou Carmela Silva, “seguimos apostando por novos sistemas enerxéticos que aforran custes e que, ademais, son respectuosos co medio ambiente”

En concreto, Cangas recibirá 105.347 euros para instalar caldeiras de biomasa na pista de atletismo e no pavillón; Portas 111.13 euros para o albergue , o campo de fútbol e o pavillón municipal: Redondela 105.291 euros para actuar no pavillón municipal e na casa da cultura; Tomiño 37.375 euros para o edificio de benestar social e policía; Vilaboa 37.172 euros para a casa do concello, e A Cañiza 58.244 para substituír os radiadores eléctricos de 15 edificios municipais – como centros culturais, tanatorios ou unha biblioteca, entre outros- por estufas de pellets. Ademais, todas as instalación disporán de sistema de telexestión e adaptaranse as salas de máquinas que existen na actualidade.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas