HomeO MorrazoMarínSeixo volverá poñerse as zapatillas para a Carreira do Truco

Seixo volverá poñerse as zapatillas para a Carreira do Truco

- Anuncio -spot_img

Seixo volverá poñerse as zapatillas de deporte. A XV edición da Carreira de Truco 2026 foi presentada polos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, xunto co representante da asociación Acemas, Manuel Solla, quenes dstacaron o carácter deportivo, solidario e participativo desta cita xa consolidada no calendario local.

A proba arrancará desde a Alameda de Seixo a partir das 10.00 horas, momento no que darán comezo as carreiras dos máis pequenos, organizadas por idades. Ás 10.30 horas terá lugar unha andaina popular, aberta a todos os públicos, cun percorrido pola praia de Loira e o monte Subareiro. Ás 10.45 horas disputarase a carreira de maiores, cun trazado de 8,3 quilómetros que partirá do cruce de Aguete, pasará por Portocelo e regresará á Alameda.

As inscricións serán gratuítas e poderán realizarse a través da ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScR6VlA7_tgkddh3SF9nTs48xcfeRcGPb2OPsp6Ow57hwH4FQ/viewform, así como o mesmo día da carreira na mesa habilitada para tal fin. Ademais, levarase a cabo unha Operación Kilo solidaria, con recollida de produtos non perecedoiros destinados a Cáritas de Santomé, sendo esta achega voluntaria.

Todos os participantes recibirán medallas e haberá premios, así como un sorteo de agasallos entre todas as persoas inscritas. O cartel do evento foi deseñado por alumnado do CEIP de Seixo, recoñecendo a súa participación con 120 euros en cheques regalo.

Ás 12.00 horas celebrarase unha chocolatada popular acompañada de pastelaría para todas as persoas asistentes.

Desde a organización quérese agradecer a colaboración das casas comerciais, o labor dos voluntarios e socios de Acemas polo seu traballo, así como o apoio do Concello de Marín, fundamental para a realización deste evento.

Publicacións Relacionadas