Un grupo de cinco veciños e veciñas de Redondela emprenderán esta semana unha expedición ao Mulhacén, en Granada. A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro Antonio Cabaleiro, recibiron hoxe no Concello a José Manuel Alonso e Nemesio Vázquez, quen xunto com Laura Reboreda, Xurxo Alonso e Marisol Piñeiro tentarán facer cumio no pico máis alto da península ibérica, cunha elevación de 3.479 metros sobre o nivel do mar. Os deportistas recibiron de mans da alcaldesa unha bandeira do Concello de Redondela que ondeará no teito da península “se a montaña nos deixa facer cumio”, explicaba José Manuel.
A expedición partirá para Granada o mércores día 14, para aclimatarse e decidir a ruta que tomarán para facer o ascenso “en función das condicións meteorolóxicas”. Teñen previsto subirán á montaña o día 16. Aínda que todos os participantes teñen experiencia no mundo do montañismo, facendo cumio en Pena Trevinca ou no coñecido como “o quilómetro vertical do Caurel”, este ascenso ao Mulhacén vai a ser a montaña máis alta para todos eles. Tanto Rivas como Cabaleiro desexáronlles “toda a sorte do mundo” para disfrutar desta expedición “sen contratempos”.