Home Vigo Baiona Sés porá a nota musical na programación da Concellería de Igualade “Novembro...

Sés porá a nota musical na programación da Concellería de Igualade “Novembro Lila” deseñado para dar visibilidade á violencia machista

- Anuncio -

O concerto da cantautora galega Sés porá a nota musical da programación “Novembro Lila” deseñada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller.

O auditorio municipal V Centenario de Baiona acollerá o próximo 6 de novembro ás 19:30 horas o concerto de Sés. A artista galega presentará durante o evento o seu novo traballo discográfico Liberar as arterias. O seu sétimo traballo discográfico repleto de cancións de propia autoría.
O evento forma parte dunha ampla programación de actividades deseñadas pola Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona, o “Novembro Lila”, un programa deseñado para dar visibilidade á violencia machista coincidindo con motivo do 25 N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que abarcará todo o mes de novembro e contará cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres. A programación completa presentarase no Salón de Plenos do Concello de Baiona, o vindeiro venres, 29 de outubro ás 12:00h, onde se desvelarán outras novidosas actividades que se idearon para a edición 2021 do “Novembro Lila”.

Esta programación vai un paso máis aló da estética dunha pancarta que berra “Non á violencia”, quérese entrar na cabeza do público para facelo reflexionar sobre a problemática da violencia machista e a desigualdade entre homes e mulleres, adaptándose ás diferentes idades do público xa que haberá actividades variadas para toda a cidadanía.

O concerto é gratuíto e é necesaria a retirada da entrada previa para poder garantir o cumprimento dos aforamentos. Desde a concellería informarase que a partir do 30 de outubro poderanse reservar as localidades para o evento a través do calendario da páxina web municipal do Concello de Baiona: www.baiona.gal/calendario

A apertura de portas para acceder á zona de concertos será unha hora antes, ás 18.30 h., e a concellaría advirte que será necesario acudir con, polo menos, 15 minutos de antelación. Na entrada do auditorio será necesario ensinar o código QR que se xenera ao inscribirse.
Con respecto ao cumprimento do protocolo Covid, será obrigatorio o uso de máscara, haberá un punto de desinfección de mans no acceso ao recinto e o público, que non poderá introducir comida ou bebida, deberá permanecer sentado no lugar asignado pola organización.

O vindeiro venres, 29 de outubro ás 12:00h, se desvelarán outras novidosas actividades que se idearon para a edición 2021 do “Novembro Lila”. Unha completa programación que se desenvolverá ao longo de todo o mes de novembro, unha aposta do Concello de Baiona por visibilizar a loita contra a violencia machista, unha gran aposta do equipo de goberno.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas