HomePontevedraA ParadantaSesión vermú co grupo LeFostié este sábado na Mostra de Produtos de...

Sesión vermú co grupo LeFostié este sábado na Mostra de Produtos de Covelo

- Anuncio -spot_img

De 10 a 14 horas poderemos mercar nos postos de artesás e produtores da comarca


Ás 11 horas haberá un obradoiro de cociña e ás 11:45 un obradoiro infantil de manualidades

O Concello de Covelo convida a participar na súa Mostra de Produtos que cada primeiro sábado de mes reúnes a ducias de produtores e artesás comarcais na Praza Mestre Cerviño.

De 10 a 14 horas poderemos mercar nos postos de cosmética natural, cestaría, decoración, horta eco, panadería, prantas, queixaría, tambores chamánicos, tatoos de henna, téxtil, xoiería, xoguetes de madeira ou roupa de segunda man, entre outros.

Ás 11:30 horas el restaurante El Juliana cociñará dúas receitas en directo para que aprendamos da man da profesionais e posteriormente degustemos as saborosas propostas.

Ás 11:45 os máis pequenos e pequenas participarán no obradoiro de manualidade para aprender a facer flores de cartolina e pintar tarros de cristal.

Ás 12:30 horas chega á Praza Mestre Cerviño a música en directo para amenizar a sesión vermú co grupo LeFostié.

Publicacións Relacionadas