HomeTabeirósCerdedo - CotobadeSete alcaldes do interior das provincias de Pontevedra e Ourense asinan o...

Sete alcaldes do interior das provincias de Pontevedra e Ourense asinan o Pacto de Pedre para a mellora da N-541

- Anuncio -spot_img

• Os concellos das cidades de Pontevedra e Ourense manifestan o seu apoio, pero ceden o protagonismo aos pequenos municipios

Un total de sete alcaldes e alcaldesas da provincia de Pontevedra e Ourense por onde discorre o trazado da N-541 asinaron o chamado Pacto de Pedre mediante o cal se crea un foro orientado a solicitar a mellora desta estrada nacional que vertebra gran parte do
territorio galego e sirve de unión coa Meseta.

Entre os asinantes atópanse a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres; e os rexedores de Beariz, Manuel Prado; Punxín, Manuel Vázquez; Maside, José Manuel Iglesias; O Carballiño, José Fumega, O Irixo, Manuel Cedeira e o de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

ÚNICA AUSENCIA, A ALCALDESA DE FORCAREI
Os asistentes botaron en falta a presenza da alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel, quen non deu resposta ás reiteradas invitacións realizadas para participar nesta iniciativa.

Esta primeira xuntanza contou tamén coa presenza de representantes dos concellos de Pontevedra e Ourense que decidiron manter o seu apoio ás reivindicacións do Pacto de Pedre, pero que non asinaron inicialmente a declaración co fin de darlle maior visibilidade e protagonismo aos pequenos concellos do interior das provincias de Pontevedra e Ourense.

TEXTO DA DECLARACIÓN ASINADA:
A estrada nacional N-541 que discorre polos concellos pontevedreses de Pontevedra, Cerdedo-Cotobade e Forcarei e polos ourensáns de Boborás, Beariz, O. Irixo, O Carballiño, Punxín e Maside, tendo tamén a Ourense como punto de destino a través da N-120, é unha vía de titularidade estatal que vertebra gran parte do territorio e dá servizo a unha poboación de máis de 218.000 habitantes.

Serve, en gran medida tamén, de conexión entre as Rías Baixas e o eixo atlántico co interior de Galicia e a Meseta polo que é unha canle de comunicación vital desde todo punto de vista estratéxico.

Despois de moitos anos de servizo e de soportar un volume de tráfico inxente, a N541 atópase nun nível de conservación preocupante e necesita dunha intervención integral que ademais de renovar por completo a súa capa de rodadura precisa de actualizar medidas de acceso seguros a núcleos de poboación e dunha actuación en profundidade desde o punto de vista da mellora da seguridade vial.

Conscientes da necesidade de unir esforzos, puntos de vista e favorecer o desenrolo das sinerxias promovidas desde a Unión Europea a través da ferramenta de participación social e corresponsabilidade denominada como “Gobernanza” é polo que os representantes públicos de base destes 10 concellos polos que discorre a N-541 nos xuntamos para asinar o que denominamos “Pacto de Pedre”, en homenaxe ás últimas vítimas mortais do accidente sufrido por un autobús na estrada N-541 en Noiteboa.

Lonxe de querer instrumentalizar este foro desde unha perspectiva política de enfrontamento institucional, esta iniciativa vai orientada precisamente cara todo o contrario, está enfocada á búsqueda de alternativas positivas e colaborativas entre administracións para dar resposta democrática desde os concellos de base a unha realidade que afecta moi directamente á seguridade vial dos nosos territorios e dos nosos veciños.

Así, os representantes públicos destes 10 concellos subscribimos o presente “Pacto de Pedre” a modo de declración de intecións mediante a cal nos comprometemos a impulsar as seguintes iniciativas:
1.- Constituirnos en foro de análisis y actuación para favorecer a tramitación de propostas orientadas á reclamación ante os pertinentes organismos do Estado Español da mellora da N-541.

2.- Comprometernos por escrito a non converter esta reclamación nunha lea política senón en todo o contrario, nun espazo de reivindicación conxunto na defensa activa dos nosos territorios, os nosos veciños e a seguridade vial.

3.- Reclamar das autoridades do Estado Español a acometida integral dunha nova capa de rodadura para a N-541 en toda a súa extensión, así como un novo pintado e renovación da sinalética tanto vertical como horizontal no trazado.

4.- Solicitar a elaboración de proxectos técnicos e posta en marcha de melloras na seguridade vial na N-541 para favorecer os enlaces e accesos cos núcleos de poboación e rede viaria secundaria dos que se carece neste momento.

5.- Pedir a celebración dunha xuntanza colexiada cos grupos políticos do Parlamento de Galicia, Congreso dos Deputados e Senado para solicitar o seu apoio a unha PNL que recolla os plantexamentos conxuntos destes 9 concellos con respecto á mellora da N-541.

6.- Formalizar xuntanzas periódicas dos 10 concellos para o seguemento dos traballos e actuacións realizadas para conseguir a mellora da N-541.

Asinan esta declaración de intencións en Cerdedo a 11 de xaneiro de 2023

Publicacións Relacionadas