O desfile, no que a participación é imprescindible para optar aos premios, partirá ás 17.00 horas de O Piorno
O Piorno será o punto de partida das sete comparsas inscritas no Concurso que terá lugar o domingo no Auditorio de A Illa e que servirá de despedida a unha semana de Entroido. Ás 17.00 horas os grupos deberán comezar o seu desfile cara o escenario, unha condición indispensable como recollen as bases, para optar aos premios establecidos polo Concello.
Unha vez no Auditorio comezarán as actuacións de Marajota e Media, de Vilaxoán; Nenos Cantores da Coral Polifónica do Cacajuete, de O Grove; a comparsa Migueliana e MDA, da Illa de Arousa; Los lunes al col, de Cambados; a comparsa da ACD Dorna e máis a comparsa O Cano, da Illa de Arousa.
Unha vez concluída a actuación, o Concello entregará os premios establecidos nesta edición en 400 euros para os grupos locais; 300 para as comparsas que leven 4 anos participando na programación arousana e 150 para as novas comparsas.
Luis Arosa, concelleiro de Servizos, anima ás comparsas a manter o bo ambiente festivo, de responsabilidade e de civismo, que se leva vivindo na Arousa toda a semana, sen incidencia algunha destacable.
Desfile do sábado
Arosa recorda tamén que o sábado terá lugar o desfile de carrozas, que este ano modifica o seu percorrido por causa das obras na Avenida Castelao.
A comitiva festiva partirá ás 16.30 horas da Casa do Mar en dirección ao instituto, desfilando posteriormente polas rúas Castriño cara á igrexia, polas rúas interiores Castriño, Paradela, Priorato, Sor Aurora ata rematar no Campo, donde terá lugar a festa final. Debido á estreitez das calles, Luis Arosa recorda que está totalmente prohibido o estacionamento para garantir o tránsito das carrozas, máis de vinte, e o seu séquito. Para recordarllo á veciñanza, instalaranse vallas informativas.
Un dispositivo especial de seguridade encargarase de que a xornada festiva do sábado se desenvolva sen incidencias e Luis Arosa apela á colaboración de participantes, público e veciñanza para garantir unha xornada de diversión sen incidencias.



