Home Pontevedra Deza Setecentos cans de España e Portugal competirán esta fin de semana na...

Setecentos cans de España e Portugal competirán esta fin de semana na Feira Internacional de Galicia ABANCA

- Anuncio -

• A SOCIEDADE CANINA GALEGA CELEBRARÁ MAÑÁ E O DOMINGO NO RECINTO TRES CONCURSOS DE BELEZA, DOUS NACIONAIS E UN INTERNACIONAL, NOS QUE PODERÁN VERSE EXEMPLARES DE CERCA DE 150 RAZAS

• TRÁTASE DE COMPETICIÓNS DE MÁXIMO NIVEL NAS QUE ONCE XUÍCES VALORARÁN A MORFOLOXÍA, MOVEMENTOS E CARÁCTER DOS CANS PARTICIPANTES

Silleda, 9 de setembro de 2022.- O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acolle mañá e o domingo tres importantes competicións de beleza canina nas que se darán cita 700 cans de máis dunha vintena de provincias de España e tamén de Portugal.

Organizadas pola Sociedade Canina Galega, nestas probas xulgarase a morfoloxía, movementos e carácter dos participantes. Serán un total de once xuíces de España, Portugal, Italia, Croacia e Serbia os que avalíen aos cans participantes, os cales pertence a preto de 150 razas distintas. De novo haberá razas habituais, pero tamén outras moi descoñecidas que chamarán a atención do público asistente e mesmo dos propios participantes, como a Irish Wolfhound ou a Bedlington Terrier.

Mañá sábado levarase a cabo a 101ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, mentres que o domingo celebrarase a 102ª edición deste mesmo concurso e tamén a 45ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA. O gañador destas dúas últimas competicións será común a ambas.

Máximo nivel

Estas citas son de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos. O seu obxectivo é buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores exemplares para a cría.

Nelas premiarase ao mellor can de cada raza en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven” e “Adulto”, os cales irán á final de grupo. Hai once grupos dos que sairán outros tantos gañadores, un por grupo. Entre estes once gañadores elixiranse os mellores do concurso, o Best in Show en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven”, “Veterano” e “Razas Españolas”. O campión absoluto será o Best in Show de Adultos.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas