Home Pontevedra Silvia Cernadas traslada ao grupo socialista no Parlamento galego a preocupación por...

Silvia Cernadas traslada ao grupo socialista no Parlamento galego a preocupación por un IES novo e que xa se quedou pequeno

- Anuncio -

Propón que non se repitan os erros co Centro de Saúde, polo que defende unha parcela adecuada e con facilidades de aparcamento

A candidata socialista á Alcaldía de Soutomaior, Silvia Cernadas, acompañada de membros da súa candidatura, reuniuse no Parlamento de Galicia cunha representación do grupo parlamentario formada polo voceiro, Luís Álvarez, e as deputadas Paloma Castro e Leticia Gallego, para trasladarlles actuacións pendentes no concello.

Logo da xuntanza, a parlamentaria Paloma Castro anunciou que rexistrará iniciativas sobre cada unha das cuestións que preocupan á candidata Cernadas, como o IES Soutomaior, unha infraestrutura de recente creación que non conta con espazo suficiente para asumir a demanda de estudantes que proveñen no só deste concello senón tamén dos limítrofes nin con dotacións esenciais como comedor ou zonas de aparcadoiro, patio de recreo cuberto e con só 12 das 16 unidades prometidas.

A situación sociosanitaria do concello foi tamén un tema tratado na reunión, na que se puxo de manifesto a falla de servizos públicos como un centro de día e a precariedade de recursos humanos e materiais na que se atopa o actual centro de saúde. A pesares de que está anunciada a construción dunha nova infraestrutura sanitaria, o grupo socialista considera que o proxecto presenta moitas eivas, fundamentalmente acerca do lugar onde se emprazará e a de falla de espazo para aparcadoiro.

A candidata socialista expresou tamén a súa preocupación no que respecta ao inexistente saneamento da ría e a situación da depuradora, que está a provocar un grave prexuízo ao principal motor económico deste municipio como é o marisqueo a pé. “Non comprendemos como non se desenvolve ningunha medida urxente para axudar ás mariscadoras nin estudo algún que determine as causas reais da alta mortandade que afecta á ameixa na Enseada de San Simón”, afirmou.

Para Cernadas, a situación na que a atopa hoxe Soutomaior é froito do “abandono por parte da Xunta de Galicia” pero tamén da “ausencia de xestión por parte do alcalde popular Agustín Reguera que, tras 28 anos de goberno, non foi quen de pactar con outras administracións melloras para un concello que esmorece e non ten alternativas para a súa veciñanza”

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas