O Concello apoia cunha subvención á asociación promotora desta exposición, considerada monumental polas súas asombrosas dimensións: 80 metros cadrados de superficie
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Presidente da Asociación Cultural e Social de Herville, Serafín Castro, en presenza da concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, asinaron esta mañá no salón de sesións do Concello o convenio de colaboracion entre a administración local mosense e a Asociación Cultural e Social de Herville, para a concesión da subvención anual nominativa do Concello á Asociación, destinada a apoiar o seu tradicional Belén, que se inaugrará o vinderio venres 8 de decembro.
O Concello de Mos dispón de consignación orzamentaria no orzamento xeral, destinada a unha axuda nominativa a este centro para colaborar económicamente co fin de contribuir a potenciar o Nadal.
Mediante a devandita achega económica a Asociación Cultural e Social de Herville crea o Belén de Herville e dinamiza actividades en torno a el. Deste xeiro poden sufragar gastos de materiais, subministracións e servizos efectuados por provedores, etc.
O Centro Cultural e Social de Herville, realiza ao longo do mes de decembro un Belén feito a mán, de grandes dimensións, que poden visitar de xeito totalmente gratuito veciños do municipio de Mos, e visitantes doutros concellos.
Segundo explica Serafín Castro, presidente da asociación cultural, “o obxectivo é potenciar o Nadal, dar visibilidade á artesanía e dinamizar todas as actividades que ao longo do mes de decembro rodean esta gran exposición: concertos, maxia, teatro…”.
O Centro Cultural e Social de Herville é unha institución con personalidade xurídica propia e de carácter cultural e sen ánimo de lucro. Está constituída por voluntarios e socios. Trátase dun Centro volcado na realización de actividades de promoción da Cultura.
Máis datos sobre o Belén de Herville
A inauguración do Belén de Herville, na que se realizará a apertura de portas para as visitas do público, terá lugar o vindeiro venres, 8 de decembro, ás 18.30 horas da tarde.
O Belén, considerado monumental polas súas grandes dimensións, conta con 80 metros cadrados de exposición.
A apertura ao público será de luns a venres en horario de tarde, de 15.00 a 17.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas. Os sábados tamén en horario de tarde de 15.00 a 22.30 horas. E os domingos en horario de mañá e tarde: de 11.30 a 13.30 horas e de 15.00 a 21.30 horas.
Os días 24 e 25 de decembro, 31 de decembro, e 5 e 6 de xaneiro, permanecerá pechado pola mañá. E o 1 de xaneiro pechará todo o día. Así mesmo os horarios de tarde destes días serán: 24 de decembro Noiteboa de 15.00 a 21.00 horas, 25 de decembro Nadal de 17.30 a 21.30 horas, 31 de decembro Noitevella de 15.00 a 21.00 horas, 5 de xaneiro véspera de Reis de 15.00 a 21.00 horas, e 6 de xaneiro Día de Reis de 17.30 a 21.30 horas.
Ademais a Asociación habilita horarios especiais para visitas guiadas a grupos que deben ser concertadas con cita previa chamando ao teléfono móbil do Centro: 638143080. As visitas para grupos van dirixidas a asociacións, centros de día, centros educativos, etc.