Home Pontevedra O Salnés SOGAMA prevé que a planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa dea...

SOGAMA prevé que a planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa dea servizo a 26 concellos de 2023

- Anuncio -

 Emprazada no polígono industrial de Baión, levantarase sobre un terreo que ocupa sete parcelas -20.000 m2 – polas que a empresa pública desembolsou 1,5 M€


 Con capacidade para xestionar 15.000 t/ano de materia orgánica e 7.000 toneladas de material estruturante, producirá ao redor de 6.000 t/ano de compost

O presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez, acompañado polo alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, visitou esta mañá, no polígono industrial de Baión, as obras da futura planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa (Pontevedra), que está previsto que dea servizo a 26 concellos en 2023.

A planta vilanovesa integrará as distintas fases do proceso de compostaxe dos residuos orgánicos recibidos na mesma: desde o pretratamento e a fermentación, ata a maduración e o almacenamento, así como os correspondentes tratamentos de aire e de augas, facendo uso en todo momento das últimas tecnoloxías dispoñibles, tanto de procesado como de control de cheiros e ruído.

Así mesmo, a enerxía necesaria para a operativa industrial procederá de fontes renovables, fundamentalmente de paneis solares, contribuíndo con isto á loita contra o cambio climático.

A instalación, que ocupa unha superficie total de 20.000 m2- sete parcelas- e polas que a Sociedade pública efectuou un desembolso de 1,5 M€, ten capacidade para xestionar 15.000 toneladas anuais de materia orgánica contida nos residuos municipais (FORSU) e outras 7.000 toneladas de material estruturante (podas e restos de madeira), o que lle permitirá producir ao redor de 6.000 toneladas/ano de compost, cuxo destino será o sector da agricultura e a xardinería, en substitución dos fertilizantes artificiais.

Con carácter previo aos primeiros traballos de acondicionamento do terreo, resultou necesario tramitar a Autorización Ambiental Integrada (AAI), aparellada a un complexo proceso administrativo, así como a correspondente licenza urbanística municipal e outros permisos para poder acometer unha obra destas características.

Despregamento de 18 instalacións para a valorización de Forsu
A planta de biorresiduos de Vilanova, xunto coa de Cervo (Lugo) -que estará lista o próximo mes de decembro-, a de Verín (Ourense) -cuxas obras comezaron hai un mes- e a de Cerceda (A Coruña) -en funcionamento-, contarán co apoio de 14 plantas de transferencia -6 de nova construción e 8 de adaptación- que disporán dun punto de transvasamento para a materia orgánica. Serán, en total, 18 instalacións coas que se dará cobertura á meirande parte dos municipios adheridos a Sogama, propiciando que conten cunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 km de distancia.

Tal e como manifestou Javier Domínguez, “malia a grave crise de materiais que estamos a sufrir en Europa debido ao actual contexto xeopolítico e o desorbitado prezo das subministracións e servizos, sacaremos adiante esta planta, que marcará un antes e un despois na xestión dos residuos municipais na provincia ao incrementar a achega á reciclaxe por parte dos pontevedreses”, ao que engadiu que “Sogama pon á disposición toda a nosa enxeñería, medios, capital humano e esforzo para que a rede de infraestruturas para a valorización da materia orgánica estea ao dispor dos concellos en prazo e forma”.

A obra da planta de Vilanova conta cun cofinanciamento dos Fondos FEDER como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da Covid-19, toda vez que repercute na protección do medio ambiente e, en consecuencia, nunha maior calidade de vida.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas