Home Pontevedra Ponte Caldelas Sol Seoane Ventín nova voceira municipal do BNG de Ponte Caldelas

Sol Seoane Ventín nova voceira municipal do BNG de Ponte Caldelas

- Anuncio -

Lito Muíños e Manuel Barreiro deixarán os seus postos na corporación municipal de Ponte Caldelas no vindeiro pleno e serán substituídos por Xabier Lourenzo e Sol Seoane Ventín, quen asume dende agora a portavocía do BNG

Os actuais concelleiros do BNG deixan os seus postos no salón de plenos “mais non a vida política activa porque tanto Manuel Barreiro coma min somos militantes do Bloque que
estamos vivindo con moitísima emoción esta etapa tan ilusionante do nacionalismo encabezado por Ana Pontón”, sinalou Lito Muíños.

Ambos os dous fixeron referencia á necesidade de renovar o equipo do BNG con militantes que teñen un importante coñecemento do Concello ampla experiencia no traballo social, o mesmo nas comunidades de montes como no movemento asociativo. Así o indicou Manuel Barreiro: “vén un equipo para o Concello que coñece Caldelas como a palma da man, que ten experiencia na política municipal e, por se fose pouco, que vai sobrado de gañas e ilusión”.

Sol Seoane Ventín, a nova voceira municipal do BNG, despois de agradecer o traballo desenvolvido polos dous concelleiros durante estes anos, fixo fincapé en dous aspectos. Por
unha banda referiuse á necesidade de ser a voz da veciñanza diante da corporación municipal e, por outra, fixou o seu primeiro obxectivo político na loita por unha sanidade pública de calidade: “os nosos primeiros traballos van estar centrados na loita por unha atención primaria pública da máxima calidade sen os recortes que nos quere impor Feijoo. Non imos pasar por menos”

Xabier Lourenzo tamén manifestou o seu agradecemento aos concelleiros saíntes e destacou que o BNG está nun momento con moitísima forza no país e “Ponte Caldelas no pode ser menos, non imos quedar atrás no cambio que Galiza precisa” Sol Seoane Ventín é presidenta da Comunidade de Montes de Raña Aluncia (Baltar) e tamén presidenta da Comunidade de Augas de Baltar Xabier Lourenzo é presidente da Comunidade de Montes de Taboadelo.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas