HomeVigoMosSoMos Nadal, xa é Nadal en Mos

SoMos Nadal, xa é Nadal en Mos

- Anuncio -spot_img

Alcaldesa e goberno local presentan a programación navideña no municipio, que arranca esta fin de semana co tan esperado acto de acendido do alumeado de Nadal e actuación de cánticos navideños, ambos na parroquia de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros e concelleiras do goberno local, veñen de presentar a programación do Nadal 2023-2024 no Concello de Mos, enmarcada baixo o título ‘SoMos Nadal’ e que comezará o vindeiro sábado, día 2 de decembro, ás 18:30 horas, cun espectáculo de Cánticos de Nadal a cargo de Emilio Rúa e Xosé Carlos Carneiro na Igrexa de Santa Eulalia de Mos.

O domingo día 3 chega o tan esperado acto inaugural do acendido navideño, que marca o inicio do Nadal en Mos e representa, xunto coa Festa Pre Fin de Ano do 30 de decembro, un dos acontecementos máis esperados e concorridos, tanto destas datas, como de toda a programación lúdica e cultural mosense.

O acendido do alumeado de Nadal do vindeiro domingo na contorna do Pazo de Mos dará comezo ás 18:00 horas e contará co espectáculo infantil “A Raíña da Neve”, a actuación musical dos “King Kids”, así como canóns de neve artificial e fotomatón con foto de regalo e obradoiros infantís de pintacaras e globoflexia.

Tamén o domingo 3 o Club Tenis de Mesa Mos organiza o Torneo Solidario Always Tenis de Mesa en horario de 10:30 horas a 13:00 horas.

Máis programación navideña en decembro e xaneiro

MÉRCORES 6 • 18:00h • Auditorio de Torroso

Concerto Santa Icía

Coral Polifónica Ventos do Val

SÁBADO 9 • 20:00h • Multiusos das Pozas

Festival de Nadal Escolas Baile Deportivo Patricia Martínez

DOMINGO 10 • 18:30h • Auditorio de Torroso

Festival “Has de cantar Torroso Gaiteiro”

Concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso e

Grupo de Gaitas Ruada

DOMINGO 10 • 19:00h • Pazo de Mos

Festival de Corais de Nadal

DOMINGO 10 • 18:00h • Auditorio de Guizán

Teatro infantil títeres

“A cazola de Lola” (Tanxarina títeres)

SÁBADO 16 • 19:00h • Pazo de Mos

Teatro infantil

“Palabras” (Boaboa Teatro Infantil)

DOMINGO 17 • 17:00h • Avenida de Puxeiros

Certame de Rondallas

Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos)

Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos)

Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville (Mos)

Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Baia (Mos)

Rondalla de Pontellas (O Porriño)

Rondalla Santa Eulalia de Atios (O Porriño)

DOMINGO 17 • 10:00-14:00h • Centro Dotacional Torroso

Concentración solidaria de coches clásicos

XOVES 21 • 18:00h • Pazo de Mos

Acendido do Pazo de Mos (Campaña #AcendeOXacobeo)

Acendido monumentos do Camiño

Malvela

Chocolatada

DOMINGO 24 • 11:00h • Saída Parque de Sanguiñeda

Papanoelada Moteira

SÁBADO 30 • 23:30h • Pazo de Mos

Festa Pre-Fin de Ano

Orquestra Kubo

Jorge Cremades

DJs

Uvas para tod@s

XOVES 4 • 19:00h • Saída desde o Multiusos das Pozas

Excursión para familias “Barco do Nadal”

Saída ás 19 h ata o Porto de Vigo

Prezo: 14 € (adultos) / 9 € (nenos de 3 a 12 anos)

VENRES 5 • 18:00h • Avenida de Sanguiñeda

Cabalgata de Reis

Desfile de carrozas SS.MM. e Rondallas de Mos

Belén Vivinte

Agasallo das SS.MM. para tod@s @s nen@s

BELÉN PAZO DE MOS

Luns a venres • 10:00-14:00h • 17:00-20:00 h

Fins de semana • 10 a 14 h

BELÉN DE HERVILLE

Luns a venres • 15:00-17:00h • 19:00-22:00 h

Sábados • 15:00-22:30 h

Domingos•11:30-13:30 h • 15:00-21:30 h

VISITAS GUIADAS AO PAZO DE MOS

•7 decembro • 18:00 h

•30 decembro • 12:00 h

•4 xaneiro • 18:00 h

Entrada: 3,50 € a favor de Mos Axuda

Inscricións:

650 446 065

inscricions@pazodemos.org

Publicacións Relacionadas