Na pasada noite, o concello de Soutomaior, organizou no Multiúsos unha charla-coloquio baixo o lema “Desmontando a Israel”. Unha cita que deixou patente, unha vez máis, o apoio da veciñanza de Soutomaior ao pobo palestino cun Multiúsos ateigado.
O Goberno Local organizou un acto co fin de analizar a situación actual do pobo palestino. Un acto dirixido polo alcalde, Manu Lourenzo, e que contou coa participación de Beatriz Carrasco de BSD Galiza e coa intervención de Mohamed Safa, médico oftalmólogo e escritor. Unha cita que tamén contou co directo do artista local Antón Ke.
O acto, Desmontando a Israel, comezou ás 20:30h. cun Multiúsos ateigado de xente, o alcalde Manu Lourenzo quixo agradecer o apoio e o exemplo de dignidade da veciñanza de Soutomaior co pobo palestino, Lourenzo engadiu que “a nosa loita e a loita do pobo palestino” e quixo agradecer enormemente a presenza de Safa onte no Multiúsos.
Beatriz Carrasco foi a encargada de presentar a Safa e de situar ás e ós asistentes na realidade do pobo palestino e foi Mohamed Safa, quen se emocionou en varios momentos, o encargado de contar e de narrar esa crúa realidade, unha realidade da que dixo soamente coñecemos o 10% do que pasa na franxa de Gaza, “´é terrible o que está pasando e quedan uns meses moi duros para a poboación palestina”. Safa tamén quixo destacar a resposta do pobo español na volta ciclista a España “un exemplo de apoio e de repulsa ante unha situación insostible que está vivindo o pobo palestino”.
Un acto que comezou e rematou coa música e co directo de Antón Ke, entre os seus temas non faltou o seu Paz e liberdade para Palestina.