HomePontevedraSoutomaior aproba con nota co primeiro seguimento do seu Plan de Acción...

Soutomaior aproba con nota co primeiro seguimento do seu Plan de Acción contra o Cambio Climático

- Anuncio -spot_img
  • O obxectivo é reducir polo menos un 30% de consumo enerxético e o 40% de emisións de gases de efecto invernadoiro antes de 2030
  • O Concello de Soutomaior acaba de recibir o primeiro informe de seguimento do seu Plan de Acción contra o Cambio Climático. Un proxecto iniciado coa adhesión do municipio á iniciativa europea do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e que agora referenda os importantes avances levados a cabo no municipio en favor da eficiencia enerxética e a redución de emisións.
  • Así, segundo indica o informe, dentro do Plan de Acción de Soutomaior producíronse importantes avances en 12 dos indicadores establecidos pola iniciativa, entre os que se atopan a renovación de vehículos da frota municipal por outros menos contaminantes, a redución e promoción da reciclaxe e a compostaxe individual ou a promoción da enerxía renovable nos edificios municipais.
  • Do mesmo xeito, recóllese o traballo realizado en materia de redución do consumo eléctrico grazas aos plans de renovación da iluminación pública por lámpadas de tecnoloxía LED e a promoción da utilización de vehículos e medios de transporte sostibles, dentro da cal se inclúe a instalación puntos de carga para vehículos eléctricos.
    “Aos poucos imos dando pequenos pasos para ser un municipio eficiente e respectuoso co medio ambiente. Desde hai meses todo o concello funciona completamente con enerxías renovables, os avances na rede de iluminación son notables e moitos outros avances confírmannos que, sen dúbida, estamos no bo camiño”, puntualizou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera.
  • Implantación de novas medidas
    Ademais dos indicadores propios do programa europeo, o Concello de Soutomaior inclúe catro novas medidas destinadas a controlar a adaptación ao cambio climático e a loitar contra a pobreza enerxética. Estas catro medidas están enfocadas á prevención dos incendios forestais, a realización dunha auditoria das redes de abastecemento e saneamento municipal, a recollida separada de biorresiduos para a elaboración de compostaxe e, por último, evitar as situacións de pobreza enerxética nas familias vulnerables do municipio.
  • O pacto mundial dos alcaldes aproveita a experiencia obtida durante os últimos 8 anos en Europa e nas rexións circundantes e desenvolve os factores crave do éxito da iniciativa. Actualmente pertencen a este pacto que loita contra o cambio climático máis de 7.000 autoridades locais e rexionais de 57 países.

Publicacións Relacionadas