HomePontevedraSoutomaior avanza no seu modelo urbano

Soutomaior avanza no seu modelo urbano

- Anuncio -spot_img

Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, recibiu hoxe, á portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, nun momento vital para o concello con máis de 4 millóns de euros en obras que se están executando e se van a executar de maneira inminente.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, agradeceu a visita nesta xornada da portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón. A visita comezou na casa consistorial onde tiveron una reunión para poñer sobre a mesa os avances destes dous últimos anos para despois, trasladarse, ata as obras de humanización do Camiño de Santiago, uns traballos que entran na súa recta final e estarán rematados nas vindeiras semanas.

Tal e como dixo hoxe o alcalde, Manu Lourenzo, Soutomaior está nun momento vital onde comezan a visibilizarse todo o traballo realizando destes dous anos de mandato cunha transformación absoluta do modelo urbano,  “este é o primeiro paso que vai acompañado de actuacións en todas as rúas da contorna, Talo Río, Rosalía de Castro a baixada a Ponte Sampaio”. A intención, tal e como dixo  rexeder, “é transformar un modelo urbano obsoleto por un modelo urbano de referencia, pensado por e para as persoas e que converta o centro de Arcade nun concello con eses modelos BNG de éxito en todo o país que conseguirán que o centro e núcleo de Arcade teña unha imaxe propia dos tempos que estamos a vivir”.

Lourenzo lembrou que as obras de humanización do Camiño de Santiago entran neste mes de novembro na súa recta final, os traballos de transformación de Talo Río comezarán a comezos de xaneiro do 2026, e, entre mediados e finais do ano 2026 iniciaríanse as obras de Roxelio Landeiro e a baixada a Ponte Sampaio.

A portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que esta visita tivo como obxectivo principal coñecer de primeira man os proxectos que se están levando adiante neste ámbito municipal de Soutomaior. Pontón dixo esta mañá que “creo que nestes dous anos xa se nota a capacidade de transformación que teñen os gobernos municipais do BNG, hoxe estamos aquí vendo como se executan obras que o que buscan é unha transformación que melloren a calidade de vida para os veciños e veciñas cun modelo

que poña as persoas no centro e xere moito máis benestar para todas e todos , xere máis dinamismo económico e xere,  polo tanto, un entorno onde poder desenvolver a vida e, polo tanto, desenvolver unha maior e mellor actividade económica que evidentemente é outro símbolo de identidade do BNG”. Ao que a portavoz Nacional do BNG engadiu que “nestes dous anos conseguimos en Soutomaior cifras históricas de investimentos que están demostrando esa capacidade que temos dende o Bloque de transformar en positivo os concellos e mellorar avida das persoas, para min é un orgullo ver como Soutomaior nestes dous anos está sendo un exemplo de capacidade de modelo de transformación do BNG e creo que isto tamén o van a valoras as veciñas e veciñas”.

Para rematar o alcalde, Manu Lourenzo, quixo lembrar que “por primeira vez na historia Soutomaior superará os 9 millóns de euros de orzamento final e que conseguiu en dous anos incrementar o orzamento en máis de 2 millóns de euros sen ter débeda a través dunha xestión económica responsable, ambiciosa e baseada en todo momento na defensa do interese xeral”.

Publicacións Relacionadas