Home Pontevedra Soutomaior celebra a súa I Feira da Ciencia

Soutomaior celebra a súa I Feira da Ciencia

- Anuncio -
  • Expuxéronse case 20 estudos científicos dos estudantes do municipio
  • A alameda Tallo Rio de Arcade acolleu hoxe a celebración da primeira feira científica organizada polo Concello de Soutomaior. Unha iniciativa enmarcada dentro do programa Divulgaciencia, organizado pola Concellería de Educación, que contou coa participación de alumnos de secundaria de todos os centros educativos do municipio.
  • A primeira Feira da Ciencia de Soutomaior incluíu cun amplo abanico de actividades e propostas para públicos de todas as idades. Desde primeira hora levaron a cabo talleres interactivos con contidos adaptados a todos os niveis educativos como o de Cociña molecular, no que se explicaban os principios básicos da química mentres se preparaban deliciosas receitas, ou o de Marie Curie, que tiña á electricidade como protagonista.
  • O papel principal da Feira estaba reservado para as casetas nos que os alumnos expoñían os seus traballos a todos os visitantes. Así, os mozos científicos puideron resolver as dúbidas dos asistentes, divulgar o traballo realizado e comentar os resultados obtidos durante a súa investigación.
  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, inaugurou esta mañá a actividade e visitou persoalmente todas as casetas para compartir impresións cos participantes e agradecer a súa colaboración no proxecto. Alí, o rexedor explicou que o obxectivo desta iniciativa é fomentar a vocación científica entre a mocidade. “Un obxectivo que sen dúbida está cumprido a teor da calidade e a implicación dos estudantes”, indicou Reguera, que resaltou que “os traballos son dunha calidade e agudeza impresionante”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas