- Debido ás obras de humanización no casco urbano de Arcade o desfile de comparsas rematará na Rúa Roxelio Landeiro.
- Debido á previsión meteorolóxica prevista para mañá o enterro da sardiña celebrarase o venres, 20 de febreiro.
Pese que ao tempo no acompañe demasiado neste Entruido dende o concello de Soutomaior xa organizaron as citas que quedan por diante aproveitando a boa previsión que se prevé para esta fin de semana.
Así e deste xeito, o enterro da sardiña, previsto para o mércores de cinza, trasladarase ao venres 20 de febreiro debido á previsión de choiva prevista para mañá. Un enterro para cuxo velorio está convocado ás 19:30h, con saída do cortexo fúnebre ás 20:00h da Praza Cima de Vila.
Unha previsión meteorolóxica que tamén cambiou a animación de rúa nos comercios a cargo de Juan de Arcade que finalmente se está desenvolvendo nesta xornada enchendo de alegría, entruido e moito humor as rúas de Soutomaior e de Arcade. Nesta xornada o xurado tamén visitou ao comercio e hostalería do concello que participaron no concurso VAIA MECO! Onde se premian os mellores versos e mellores personaxes deste Entruido.
Este domingo, 22 de febreiro, terá lugar o desfile de comparsas do concello. Debido ás obras de humanización do casco urbano de Arcade que se está levando a cabo na Praza de Talo Río, o desfile rematará na rúa Roxelio Landeiro. Así deste xeito, comezará ás 17:30h. con saída dende o cruce do Viso. O primeiro tramo do desfile será o “tramo silencioso” para que todas as persoas poidan desfrutar en igualdade de condicións desta cita tan agardada. O tramo silencioso irá, polo tanto, dende o cruce do Viso ata o cruce de Cima de Vila.
Un desfile que estará encabezado polo pregoeiro, que será un ano máis, “Juan de Arcade”, un home popular e coñecido no concello. O desfile partirá ás 17:30h. do cruce do Viso con chegada a Roxelio Landeiro alí, a partir das 20:00h. terá lugar a lectura do pregón a caro de “Juan de Arcade”, entrega de premios e logo seguirá a festa coa actuación do Trío Armonía. O escenario neste ano, estará ubicado, á altura do supermercado Froiz que está nesa rúa e os camións das comparsas baixarán por Rosalía de Castro.
Un desfile que contará con 15 comparsas, 3 convidadas que serán Asociación Cultural Miúdos-Soutomaior, Asociación Cultural Moreira a Tope -Soutomaior e a Asociación Andaina de Persoas con diversidade funcional de Redondela. Logo haberá 12 comparsas seleccionadas para desfilar que serán: a Asociación socio Deportiva Cultural Os da Caña de Marín; Asociación Os da Casa de Vigo, Asociación Recreativa e Cultural de Guizán –Mos; Asociación Carnavalera Os Campechanos de Ponteareas; Asociación Cultural de Pontellas en Porriño; Asociación Os Festeiros de Bembrive en Vigo; Asociación Cultural Luces de Tomiño; Asociación Cultural Trompos Os Pes de Marín; Asociación A Pandilla de Ponte Caldelas; Asociación Recreativa e Cultural Barca de Loimil de Arbo e a Asociación Agrupación Culural Comisión de Festas de Cepeda en Pazos de Borbén.
O venres, 20 de febreiro, como dixemos, terá lugar o Enterro da Sardiña. O velorio comezará ás 19:30h na praza de Cima de Vila e o cortexo fúnebre sairá ás 20:00h. da Praza de Cima de Vila. O percorrido será dende a Praza, pasando pola rúa Xosé Solla para finalizaren Cagazó, no campo da petanca, onde despediremos a nosa sardiña. Un evento no que colaborarán a Banda de Música Artística de Arcade, a Asociación da Xesteira, a Asociación Moreira a Tope e a Asociación Cultural Miúdos.



