Durante os días 7 e 8 de novembro o Concello realizou actividades de diversa índole que tiveron como fío condutor a represión a través do ensino poñendo o foco nas persoas e nos lugares de memoria
O concello de Soutomaior presenta a segunda edición do FORO SOBRE MEMORIA HISTÓRICA para continuar poñendo sobre a mesa a necesidade de recuperar a memoria perdida da guerra e da posguerra, transmitir á sociedade actual e futura o seu pasado recente para poñer en común e debater sobre a necesidade de falar da nosa memoria e das persoas represaliadas. Falar da nosa historia é un acto necesario e valente para que a mocidade teña contexto e afronte con criterio a ideoloxía dos movementos totalitarios que espallan valores de odio e antidemocráticos que nos poden levar a repetir erros dun pasado que se cobrou moitas vidas e que provocou moitas feridas.
A concelleira de Cultura e de Memoria Histórica, Silvia Cernadas, destacou hoxe, trala celebración do II Foro que “pechamos este II Foro de Memoria co convencemento de que estas actividades son máis necesarias ca nunca. O avance da ultradereita está poñendo en perigo os valores democráticos da nosa sociedade e a educación é a mellor ferramenta que temos para frealo.”.
Durante os días 7 e 8 de novembro o Concello realizou actividades de diversa índole que tiveron como fío condutor a represión a través do ensino poñendo o foco nas persoas e nos lugares de memoria entre as que destacamos a proxección do filme `El maestro que prometió el mar’ e o coloquio guiado por Pablo Abelleira, responsables da asociación ‘Mocidade galega pola Memoria’, e con Silvia Cernadas, concelleira de Memoria Histórica. A Visita guiada por Soledad Chayán á Illa de San Simón e San Antón que foi todo un éxito. A mesa – coloquio ‘As aulas, facer memoria para relatar a historia’ e a representación da peza de teatro ‘As Alumnas’ de Paula Carballeira.
Unha mesa coloquio moi interesante na que participaron Manu Lourenzo, alcaldede Soutomaior, Iria Morgade, Profesora de Formación Profesional no IES Luís Seoane e autora do libro Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, Mariló Candedo. Profesora de Pedagoxía Social na Universidade da
Coruña e Pta. do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, Carlos Cimadevila, profesor de Historia e Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, José Antonio Pérez, profesor de Historia en secundaria do IES Leliadoura de Ribeira. Autor do libro ilustrado Diarios de Julio Silva e da unidade didáctica de Ribeira a Muros: da segunda República á represión franquista, e Lucia Santiago, membro de Histagra Grupo de historia agraria e política do mundo rural USC.
Un Foro que rematou na pasada noite, coa posta en escena da peza teatral ‘As Alumnas’ de Paula Carballeira.



