Soutomaior e ministerio acordana lanzar o proxecto de humanización da Avenida Castelao

adminON
Lectura mínima de 3

Esta mañá, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, mantivo en Madrid, no Ministerio de Transporte e Mobilidade unha reunión con director xeral de Carreteras, Juan Pedro Fernández Palomino, para abordar a situación na nacional 550 ao seu paso por Arcade.

Na reunión, mantida esta mañá estiveron presentes o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, o concelleiro de Infeastructuras, Pablo Garrido e o equipo redactor de Enurcoin, Enrique Urcola, por parte de la Dirección Xderal estivo o director general de Carreteras, Juan Pedro Fernández Palomino, o xefe da demarcación de carreteras de Galicia, Ángel González del Río y o xefe da unidade de carreteras do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez Gómez.

Unha reunión que tivo como obxectivo abordar a situación da nacional 550 ao seu paso por Arcade. O Goberno de Soutomaior ven de presentar una proposta de humanización e rexeneración urbana redactada por Enurcoin, por Elena e Enrique Urcola Artillería.
Desde o Goberno de Soutomaior agradeceron a boa acollida por parte do Ministerio da proposta presentada así como o traballo realizado polo equipo redactor desta humanización da Nacional 550. Un traballo que tal e como dixo o alcalde “foi determinante á hora de presentar a proposta”.

O director xeral de Carreteras valorou de maneira positiva esta proposta e acordaron lanzar o proxecto de humanización deste trazado. Isto supón un paso de xigante para a transformación urbana de Soutomaior e a partir deste momento se inicia un proxecto que haberá que axustar e negociar as intervencións propostas para adquirir melloras e a viabilidade deste proxecto.

O alcalde sinalou que “estamos ante un día moi importante para o futuro de Soutomaior, o inicio deste proxecto é unha das mellores novas para Soutomaior das últimas décadas. A partir de agora iníciase un proxecto complexo onde haberá que traballar man a man co Ministerio para conseguir estas melloras para Soutomaior. É un día histórico polo que implica a mobilidade, a vertebración e o futuro do noso concello”.

Manu Lourenzo agradeceu o traballo realizado pola senadora del BNG Carme da Silva e a súa implicación con esta proposta e co concello de Soutomaior.

Comparte este artigo