A Xunta de Goberno Local aprobou nesta xornada estas axudas aos deportistas (adultos e nenos) individuais do concello por un importe que ascende aos 8504,07 euros.
O Concello de Soutomaior aprobou hoxe en Xunta de Goberno as axudas aos deportistas individuais do concello. Foron un total de 35 as axudas que se concederon a deportistas na modalidade de adultos e nenas e nenos por un importe final de 8504,07 euros.
Coa aprobación destas axudas o concello busca fomentar a actividade física e o desenvolvemento do talento deportivo no concello. Unhas axudas que recaen en deportes como o kickboxing, o piragüísmo, a natación, motocross, ciclismo, atletismo, kárate ou ximnasia acrobática.
Tal e como sinalou nesta xornada o alcalde Manu Lourenzo “con estas axudas o concello de Soutomaior facilita a actividade deportiva, deste xeito, o Goberno de Soutomaior colabora e contribúe a que ningunha veciña ou veciño quede atrás no deporte. Unha axudas importantes para fomentar a prática física, promover a saúde e o benestar social”