Home Pontevedra Soutomaior forma a 60 veciños no manexo das biotrituradoras do seu programa...

Soutomaior forma a 60 veciños no manexo das biotrituradoras do seu programa de Compotaxe Doméstica

- Anuncio -
  • O ciclo permite acceder ao programa municipal de préstamo destas ferramentas
  • O Concello de Soutomaior finalizou esta semana o seu ciclo formativo para o uso de biotrituradoras de residuos agrícolas. O curso contou coa participación de 60 veciños integrantes do plan municipal de compostaxe doméstica que, a partir das próximas semanas, poderán solicitar a cesión dunha destas ferramentas a través do programa de préstamo posto en marcho polo Concello.
  • O curso tiña como obxectivo instruír aos participantes nos conceptos básicos de manexo e mantemento destas máquinas, prestando especial atención ao proceso de aceso, os compoñentes que integran a ferramenta e ao tipo e tamaño dos restos vexetais que se poden triturar.
    Do mesmo xeito, o ciclo contaba cun módulo especial de seguridade co que os participantes aprenderon as medidas de precaución necesarias para o manexo deste tipo de maquinaria e que servirá para evitar posibles persoais derivados dun mal uso das mesmas.
  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que con este novo curso aumentarase aínda máis o número de veciños adheridos ao programa municipal de préstamo de biotrituradoras, “o que axudará a que a compostaxe doméstica siga crecendo no municipio e será de gran axuda a moitos veciños para reutilizar os restos de pódaa, evitando así vertidos nos contedores e queimas que emiten CO2 e poden resultar perigosas”, finalizou o rexedor.

Relacionadas

O Concello licitará a limpeza integral das praias por máis de 155.000 euros para...

0
A Xunta de Goberno Local deu luz verde aos pregos de contratación, que se publicarán mañá para poder presentar ofertas. O prazo estará aberto...

A Guarda celebra o Día do Libro con descontos nas librerías, programación cultural e...

0
O vindeiro 23 de abril celébrase o Día internacional do Libro e na Guarda unímonos a esta celebración a nivel mundial con variadas actividades...

A cantante Su Garrido Pombo pecha o ciclo musical Petiscos en Igualdade

0
Susana Garrido Pombo será a encargada de pechar o ciclo musical “Petiscos en Igualdade” organizado polo Concellería de Igualdade. O seu concerto, incluído na...

Dobre presentación literaria mañá na Sala Félix Rodríguez en Tui

0
Ás 18 h Jose Antonio Bao presenta “Voces de un pueblo represaliado” e ás 19.30 h Lois Pérez “A Tribo do Mar” A Sala Félix...

A Deputación conta cun novo aparcamento de bicicletas no Edificio Administrativo de Pontevedra

0
A nova instalación ten espazo para asegurar simultaneamente dez bicicletas diferentes, e está localizada na parte traseira do edificio A Deputación de Pontevedra pon desde...

A casa do Concello de Tui iluminouse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
A casa do concello de Tui iluminouse de vermello esta pasada noite con motivo do Día Mundial da Hemofilia, que se conmemorou onte 17...

Publicacións Relacionadas