HomePontevedraSoutomaior gaña o xuízo á Deputación Provincial do REACPOM 2030

Soutomaior gaña o xuízo á Deputación Provincial do REACPOM 2030

- Anuncio -spot_img

O Goberno Local ten claro ten que ser á Deputación Provincial que a que asuma o sobre custe desta obra, xa que, segundo dixo nesta xornada o alcalde “a veciñanza non ten que pagar un erro da Administración provincial”.

A obra o camiño de Santiago ao seu paso pola Lavandeira, volveu hoxe á actualidade no pleno ordinario de Soutomaior celebrado na Casa da Cultura Rexina Míguel Noval debido ás obras que se están levando a cabo no concello. Para poñernos en situación, trátase dunha subvención do REACPON 2030 que os anteriores técnicos da Deputación, no ano 2021, rexeitaron ao non cumprira os criterios, é que posteriormente, o actual Goberno de Soutomaior levou aos tribunais dita sentenza e gañou a mesma, co cal ese investimento, 350 mil euros teñen que ir destinados a facer esa mesma obra.

Esta mañá, en pleno, aprobouse que se solicite á Deputación que non presente un recurso a esta sentenza, o Goberno Local abstívose a esta moción dos populares xa que o PP de Soutomaior non aceptou unha emenda do Goberno Local na que se solicita que sexa a Deputación a que asuma o sobre custe desta obra debido á suba dos prezos. Estamos falando dunha obra do ano 2021, os custes de execución cos prezos actualizados subiría o prezo destes traballos.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, tivoo claro nesta xornada “abstémonos ante esta moción xa que o que queremos é que a Deputación se faga cargo do sobre custe desta obra que terá ao actualizar os prezos, un sobre custe motivado pola suba dos prezos de obra en execución”. Lourenzo tamén dixo que “dende o Goberno Local sempre defenderemos a ultranza os intereses da veciñanza de Soutomaior e, polo que vemos hoxe neste pleno, o PP o que está facendo é defender os intereses de do seu partido antes que os do seu concello”. Ante isto preguntou Lourenzo hoxe en pleno “ quen ten que asumir este sobre custe? o que provocou o problema ou á veciñanza? Eu teñoo claro, a Deputación Provincial”:

Con todo, dende o Goberno Local sinalan que ademais de solicitar que non presenten este recurso dende o Goberno vaise a enviar a solicitude para que sexa a Deputación quen asuma este sobre custe que ten a obra, co fin de que non sexa a veciñanza a que asuma as consecuencias dun erro da Deputación provincial.

Publicacións Relacionadas