HomePontevedraSoutomaior humanizará a Praza Poza do Souto en Moreira

Soutomaior humanizará a Praza Poza do Souto en Moreira

- Anuncio -spot_img

O obxectivo destes traballos é humanizar e aumentar a seguridade viaria da Praza do Souto en Moreira co fin de

O mal estado actual da Praza Poza do Souto, no barrio de Moreira, precisa dunha humanización ante a necesidade de regular o fluxo peonil, mellorar a seguridade viaria e a pavimentación.

Con este proxecto sobre a mesa, dende o concello de Soutomaior aumentarase, na zona, a superficie peonil, a través do tratamento dos pavimentos escollidos de tal xeito que se ofrecerá, á veciñanza, un espazo público libre, amplo e de calidade para o desenvolvemento da mobilidade e lecer da veciñanza, así como un xeito máis seguro e amable para todas e todos os usuarios desta zona como punto de encontro.

Trátase dun proxecto que contará cun investimento de 151 mil euros de fondos propios e estará dotado de zonas verdes, espazos de lecer e, nesta obra, utilizaranse materias nobres converténdoa en núcleo de centralidade e de referencia no barrio.

Esta mañá, o alcalde, Manu Lourenzo, dixo que “Moreira é un barrio que conta cun inmenso valor patrimonial e unha fermosura paisaxística única, é por isto que, as actuacións urbanas que se leven a cabo, deben de estar acordes coa identidade e as características neste barrio. Unha actuación que se suma as melloras realizadas xa en Moreira en Fondo de Vila e Ouxil“.

Publicacións Relacionadas