Con este ecoparque empresarial o tecido económico de Soutomaior vivirá un crecemento exponencial xa que axudará ao crecemento das empresas locais e á captación de nova empresas e a súa implantación do noso concello.
Trátase dun dos proxectos máis ambiciosos do concello de Soutomaior, un proxecto que vai a transformar a economía do concello dándolle soporte as empresas e cubrindo unha alta demanda empresarial.
A Montesiña, área de transición entre Arcade e Soutomaior, con este proxecto converterase nunha zona urbanizada. Dende o Goberno Local lembraron nesta xornada que o ecoparque empresarial vai a poder asumir a máis de 60 empresas. O alcalde Manu Lourenzo sinalou hoxe a alta demanda, que dende o momento que se anunciou este polígono, o Goberno de Soutomaior está recibindo ofertas de moitas empresas interesadas en querer ubicarse en Soutomaior.
Dende o Goberno Local lembraron que este ecoparque empresarial trátase dunha necesidade que Soutomaior levaba moito tempo agardando. Lourenzo lembrou hoxe que “en Soutomaior témolo todo, temos potencial e capacidade emprendedora”. Soutomaior, porá deste xeito, a disposición das empresas que o soliciten os terreos para que esas empresas poidan estabilizarse e poñer Soutomaior no lugar que merece.
Manu Lourenzo dixo hoxe “con esta iniciativa avanzamos nun proxecto ambicioso que vai a transformar a estrutura económica do noso concello, primeiro porque vai a permitir que as empresas de Soutomaior e que o potencial emprendedor teñan lugar no que asentarse, pero ademais, vai a permitir que empresas que busquen conten en Soutomaior cun espazo ben comunicado e teña unha situación estratéxica inmellorable e que poidan ter, no noso concello, un lugar no que emprender negocios”
Trátase, este ecoparque empresarial, dun proxecto que se vai a desenvolver por cooperación e que axudará a vertebrar as dúas parroquias de Soutomaior, servindo de ponte entre elas e revalorizará o concello de Soutmaior, convertendo terreos que agora teñen catalogación agraria en dereitos para a construción de naves empresarias.