HomePontevedraSoutomaior inicia os trámites para dotar o barrio de Cortellas da rede...

Soutomaior inicia os trámites para dotar o barrio de Cortellas da rede de saneamento

- Anuncio -spot_img

O Goberno Local de Soutomaior inicia os trámites para dotar o barrio de Cortellas dun sistema de abastecemento e saneamento acorde ao século XXI. Unha demanda histórica deste barrio de Soutomaior.

Continuando coa serie de melloras nos servizos e infraestruturas  que o Concello de Soutomaior está a realizar para mellorar a calidade de vida da veciñanza, e encadrado dentro do marco de investimentos que se están adicando á dinamización do medio rural, o concello de Soutomaior presenta o proxecto de “Fase 1 de saneamento en Cortellas”.

Un proxecto que ten como obxectivo definir e dimensionar as obras necesarias para realizar o saneamento no núcleo rural de Cortellas. Unha iniciativa mediante a cal se prevé a implantación de 5 colectores novos por gravidade compostos por 865 metros de tubaxe e 38 pozos de rexistro. 

Esta mañá o alcalde lembrou que con “Cortellas sofre unha inxustiza histórica, con esta actuación facemos xustiza ante un barrio que non contaba con ningún tipo de saneamento. Con esta acción cumprimos cun dos nosos compromisos no barrio de Cortellas. Trátase dunha actuación imprescindible, a veciñanza de Cortellas non pode estar na situación na que se atopa na actualidade en canto ao saneamento”. Lourenzo tamén dixo hoxe que “a boa situación económica do concello pemítenos levar a cabo esta actuación, que se financiará a través de fondos propios e do canon de Viaqua”. O alcalde tamén quixo agradecer o traballo do persoa do concello e dos ténicos para levar adiante este proxecto.

Publicacións Relacionadas