Esta axuda é un dos resultados da boa xestión económica que se está levando a cabo dende o Goberno Local. Un goberno que está traballando arreo dende o minuto un e que ten, que na metade do mandato, sete importantes procesos de licitación abertos.
“A memoria sostible: a paisaxe litoral e fluvial de Soutomaior” é un dos tres proxectos aprobados por parte da Consellería do Mar a través do GALP Ría de Vigo o que permitirá con concello e Soutomaior contar con 30.000 euros para financiar esta actuación que busca valorizar o patrimonio natural e etnográfico.
As principais actividades deste proxecto céntranse nun roteiro circular pola zona dos muiños, a divulgación e coñecemento dos hábitats e da flora costeira ameazada, a divulgación ambiental do litoral de Soutomaior e o río Verdugo como un refuxio natural para especies en perigo. Tamén inclúe actuacións de voluntariado ambiental para a mellora de hábitats, limpezas de lixo na contorna das áreas de intervención, eliminación de especies autóctonas invasoras, paneis interpretativos da zona e unha xornada ecofeminista para visibilizar ás mulleres nas tradicións galegas desde o rural ata o mar.
Unha axuda que vai a permitir mellorar a calidade de vida da veciñanza de Arcade e do barrio da Devesa.
Con esta nova axuda, o goberno encabezado por Manu Lourenzo, acadou máis de 2,5 euros en subvencións e achegas doutras administracións. Os datos oficias da intervención e dos servizos técnicos municipios sitúan a Soutomaior na mellor situación económica dos últimos tempos.
Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, lembrou nesta xornada que “grazas a esta xestión económica o concello ten máis investimento ca nunca cunha axenda municipal que é un referente na contorna e cunha notable mellora nos servizos persoais á cidadanía”.