HomePontevedraSoutomaior pechará o seu Nadal este sábado co concerto de Reis da...

Soutomaior pechará o seu Nadal este sábado co concerto de Reis da Banda Artística de Arcade

- Anuncio -spot_img
  • Dende o Goberno Local agradeceron a implicación da veciñanza no Nadal de Soutomaior.
  • Un Nadal que contou cunha ampla participación en citas clave como foron a carreira San Silvestre, o Baile de Maiores, a festa de fin de ano e a Cabalgata de Reis.

O concello de Soutomaior porá este sábado, 10 de xaneiro, o broche de outro a súa programación de Nadal co concerto de Reis protagonizado pola Banda Artística de Arcade. Unha cita que terá lugar ás 20:00h no Multiúsos de Arcade. A entrada será de balde ata completar o aforo.

Un Nadal de Soutomaior que contou cunha ampla participación e todas as citas que tiveron lugar no concello, así e deste xeito dende o Goberno Local, agradeceron á veciñanza a súa implicación en cada evento e lembraron as preto de 500 persoas que participaron na San Silvestre, as máis de 100 persoas de máis de 55 anos que formaron parte do Baile de Maiores, o éxito de convocatoria cun cheo absoluto na carpa de Nadal da Festa de Fin de Ano co Trío Tic Tac e Yaya DJ e, tamén quixeron lembrar, a fermosa maneira na que se vivíu un dos días máis máxicos do ano, o 5 de xaneiro, onde as Súas Maxestades fixeron unha recepción na Casa da Cultura Rexina Míguez Noval pola mañá, o percorrido polos barrios e o éxito de participación que tamén tivo a Cabalgata de Reis coa posterior recepción Real na Carpa instalada en Talo Río. Unha cita onde as súas maxestades atenderon a todas as petición e desexos das e dos máis pequenos do concello.

Todo isto sumado ao Mercado de Nadal, festa de inchables, sesións vermú, tardeos musicais, … citas todas que contaron con moita participación e onde se notou, un ano máis, que a veciñanza elixiu Soutomaior, para vivir e celebrar o seu Nadal.

Agora queda por celebrar unha cita para pechar este Nadal para Vivir en Soutomaior, que será o concerto de Reis protagonizado pola Banda Artística de Arcade que terá lugar, como xa dixemos, este sábado, 10 de xaneiro, ás 20:00h. no Multiúsos de Arcade.

Publicacións Relacionadas