O Concello de Soutomaior leva a cabo este Plan co obxectivo de eliminar os verquidos á Ría de Vigo. Un proxecto que aborda os problemas que se producen debido a unha rede de sumidoiros “caótica” na que as augas pluviais se mesturan coas fecais.
O Goberno Local de Soutomaior pon en marcha o Plan Ría Viva co fin de acabar cun dos problemas herdados da anterior corporación do Partido Popular que é a “caótica” rede de separativas de pluviais e de fecais na que se mesturan as augas pluviais e fecais provocando verquidos contaminantes á Ría de Vigo e a saturación da Depuradora.
O Goberno Local leva varios meses traballando neste Plan Ría Viva. Un proxecto que aborda os problemas que se producen debido a unha rede de sumidoiros caótica na que as augas pluviais mestúranse coas fecais. Esta situación, que se orixinou ao longo das últimas décadas, provocou importantes problemas ambientais xa que os residuos fecais acaban directamente no mar sen depurar, iso débese a que no concello existen diferentes puntos de verquidos incontrolados pola saturación da rede xa que en periodos de choiva a rede satura e a depuradora ten que aliviar directamente no mar.
Por unha banda existen puntos de verquidos sen separativa de pluviais e de fecais e, pola outra banda, en episodios de choiva a depuradora colapsa ao recibir un caudal de auga de choiva que non debería de chegar á EDAR.
Con este Plan sobre a mesa arrancan as primeiras obras cun investimento de máis de 100 mil euros no tramo que vai dende a Alameda de Talo Río ata Cagazó coa separativa da rede de pluviais, e será en setembro, cando de comezo o segundo tramo deste Plan que vai dende Rolexio Landeiro a Ponte Sampaio co fin de corrixir os verquidos á Ría nesa contorna.
O Plan Ría Viva é un proxecto para o que o Goberno solicita colaboración de diferentes administracións, como a Xunta de Galicia, xa que algunhas das actuacións que se van a levar a cabo discorren por infraestruturas que son proposta destas administracións como a depuradora, da Xunta e do Ministerio de Fomento.
O concelleiro de obras Pablo Garrido destacou que “agora mesmo a situación da rede de saneamento supón un dos principais retos que ten o concello de Soutomaior por diante na vindeira década. É urxente poñerlle solución a un saneamento caótico que esixirá dos esforzos e achegas de todos”.
En relación a este Plan o alcalde, Manu Lourenzo, dixo que “a Ría de Vigo é un dos grandes tesouros da nosa contorna, o modelo de saneamento que se levou a cabo en Soutomaior durante décadas está a provocar situacións que debemos abordar con urxencia e seriedade. O Plan Ría Viva é unha iniciativa que pretende coidar a ría e apostar polo medio ambiente”.

