Esgotadas, Violencias estruturais este é o lema da campaña Municipal do concello de Soutomaior no 25N para este ano. Unha campaña centrada nas diferentes violencias estruturais, onde se representan estruturas patriarcais e a violencia á muller dende diferentes ámbitos.
A concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña, a directora do CIM de Soutomaior, Cristina García e a avogada do CIM, Clara Rodríguez presentaron a campaña que para este 25 N lanzan dende o concello de Soutomaior.
Baixo o lema Esgotadas, violencias estruturais o concello lanza esta campaña referíndose ao dano causada ás mulleres por estrutura social, política, sanitaria, administrativas, legais que impiden a satisfacción das necesidades humanas básicas sen necesidade de violencia directa.
Na presentación desta campaña explicaron que as violencias estruturais son unha forma de violencia indirecta que pode manifestarse a través da pobreza, da falta de acceso aos servizos, da discriminación, a desigualdade de xénero e, é un xeito tamén de perpetuar a opresión e as desigualdades de xénero.
Neste 25N tal e como dixo a directora do CIM, Cristina García, “faremos un percorrido pasando por diferentes tipos de violencias estruturais como no seu día puido ser a psiquiatría como utilización de control ás mulleres a través do relatorio que vaia a facer Carmen V. Valiña e o obradoiro The Experience, de Alba Cobo, co libro Agotadas, onde se fala xustamente de todas estas violencias estruturas que exercen unha opresión importante e unha sobrecarga para as mulleres que as leva a estados de esgotamento físico e psicolóxico”. Unha situación que é, engadiu García “resultado desta sociedade con pouco relevo comunitario e poucos tecidos de redes que deposita moitísima carga dos coidados, do mundo laboral e do mundo do fogar nas mulleres sen ter unha incorporación masculina a todos estes ámbitos”.
Un 25N que terá a súa programación no Centro de Benestar Integrado (Multiúsos) e que comezará o 20 de novembro, ás 20:00h, co relatorio anteriormente citado, As tolas que non eran de Carmen V. Valiña. Seguirá a programación o venres 28 de novembro ás 20:00h. coa representación da obra de teatro Anatomía dunha serea de Iria Pinheiro e
pechará a programación deste ano o 18 de decembro co obradoiro The Experience, presentación do libro Agotadas de Alba Cobo. Un obradoiro que se expón como unha vivencia artística, corporal e colectiva, que busca explorar o ensaio feminista de Alba sobre o cansazo estrutural que moitas mulleres experimentan e como o descanso pode ser un acto de resistencia. Este obradoiro será de balde e con inscrición previa, do 25 de novembro ao 10 de decembro en https://soutomaior.gal/actividades/
Para rematar, dende o CIM de Soutomaior, quixeron lembrar que a violencia de xénero estrutura, na que se centra neste 2025 o concello de Soutomaior, refírese a desigualdade sistemática e normalizada que hai entre homes e mulleres arraigada en todas as estruturas sociais, políticas e culturais que limita o acceso a moitos recursos das mulleres educativos, a abordaxe sanitaria, limita tamén o seu tempo de ocio e profesional.



