HomePontevedraSoutomaior presenta as obras de mellora e asfaltado no Camiño Muradella, en...

Soutomaior presenta as obras de mellora e asfaltado no Camiño Muradella, en Comboa

- Anuncio -spot_img

O concello de Soutomaior investirá más de 40 mil euros neste proxecto que ten como obxectivo humanizar o núcleo de vivendas que se atopan nesa zona.

Máis de 300 metros de asfaltado levaranse a cabo no Camiño Muradella en Comboa. Un proxecto que contará cun investimento de máis de 40 mil euros financiado por fondos propios do concello e, tamén, a través do Plan de Mellora de Camiños de titularidade municipal da Xunta de Galicia.

Estes traballos, de mellora e asfaltado do Camiño Muradella, teñen como obxectivo principal dar servizo ás vivendas e humanizar o núcleo de casas que hai nesta zona do barrio de Comboa.

O alcalde, Manu Lourenzo, visitou hoxe esta zona do concello de Soutomaior e sinalou que “os barrios de Soutomaior nunca contaron co nivel de investimento levado a cabo nos últimos 2 anos. A esta obra temos que sumarlle a obra do concello, actualmente en marcha, a obra do Val – Sobral, recen rematada, a obra dos camiños de Aranza e, tamén, outros traballos que se levarán noutros barrios de Soutomaior e que anunciaremos nas vindeiras semanas”.

O alcalde lembrou que “un dos obxectivos estratéxicos do Goberno de Soutomaior desde o comezo do mandato é levar a cabo a transformación rural e urbana do noso concello para mellorar a vida da veciñanza”.

Publicacións Relacionadas