HomePontevedraSoutomaior recibe mañá a visita dos Reis Magos

Soutomaior recibe mañá a visita dos Reis Magos

- Anuncio -spot_img

As súas maxestades comezarán a súa visita ás 11:00 na Casa do Concello
Se algunha visita é esperada polos nenos de todo o mundo é a dos Reis Magos de Oriente, que o día 5 de xaneiro chegan a Soutomaior onde serán recibidos con todas as honras. Unha visita que este ano chegará a todos os barrios do municipio para que, a pesar das medidas de protección sanitarias, todos os nenos e nenas de Soutomaior poidan saudalos e fotografarse con eles.
O percorrido dos Reis Magos por Soutomaior comezará ás 11:30 horas na Casa do Concello, onde o Goberno local recibirá ás súas maxestades para acompañalos durante unha parte do seu camiño. Así, ás 12:00 horas os Reis Magos continuarán o seu camiño para levar a alegría propia destas datas a todos os recunchos do municipio. O percorrido comezará en Comboa e continuará en Aranza, Cortellas, Moreira, Lourido, Val Sobral, Rial, Alxán, Montesiña e finalizará en Romariz.
A última parada será pola tarde en Arcade, na alameda Tallo Rio
ao redor das 16:30 horas, onde as súas maxestades de oriente recibirán a todos
os nenos para que poidan fotografarse con eles de maneira segura e
respectando os protocolos sanitarios.
O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou “a visita dos Reis Magos é unha das datas máis especiais do ano para todos os nenos e nenas. Este ano pola pandemia a recepción será un pouco especial, pero estou seguro que os pequenos gozarán e ilusionaranse como todos os anos pedíndolles os seus xoguetes preferidos. Pola nosa banda pedirémoslle que traian moita saúde e que repartan toda a alegría que poidan”.

Publicacións Relacionadas