Home Pontevedra Deza Suso López Diéguez concorrerá de número 2 na candidatura do PP de...

Suso López Diéguez concorrerá de número 2 na candidatura do PP de Rodeiro liderada por Cati Somoza

- Anuncio -

• O empresario de hostalería, que xa foi concelleiro do Partido Popular na década dos noventa, cre que “chegou o momento de dar un paso adiante para traballar polos veciños, malia que, afortunadamente, teño moita carga de traballo na empresa, pero Rodeiro merece un esforzo”.


• A candidata á Alcaldía pensa que Jesús “é unha persoa idónea para ofrecerlle un proxecto de goberno serio e maioritario aos cidadáns, posto que coñece aos 2.400 veciños do municipio e caracterízase pola cercanía coa xente, que é algo que queremos manter e potenciar”.

O empresario de hostalería e encargado de mantemento do Parque de Bombeiros de Silleda, Suso López Diéguez, concorrerá de número 2 na candidatura do PP de Rodeiro de cara ás eleccións municipais do 28 de maio que estará liderada pola ex tenente de alcalde Cati Somoza.

Suso López, que xa foi concelleiro do Partido Popular na década dos noventa e é irmán do ex alcalde e presidente provincial do PP, Luis López, asegurou sentirse “moi ilusionado” co novo proxecto que os populares están a construír en Rodeiro e, malia que ten moita carga de traballo na súa empresa, cre que “chegou o momento de dar un paso adiante para traballar polos veciños e de sacar tempo do meu traballo e da miña familia, porque o futuro de Rodeiro ben merece un esforzo”.

“Sempre me interesou a política, pero dende o sentido máis san e nobre de axudar aos demais, e especialmente aos veciños de Rodeiro, aos que coñezo perfectamente. Eu xa fun concelleiro nunha lexislatura, sempre me sentín identificado co PP como partido que representa o sentir da maioría da veciñanza e, neste momento, creo que humildemente podo contribuír”, sinalou Suso López.

A candidata á Alcaldía, Cati Somoza, comezou deste xeito a desvelar os seus compañeiros de lista, apenas uns días despois de ser confirmada como referente do PP nesta cita electoral, e explicou que Suso “aceptou practicamente de inmediato porque entende que estamos nunha situación complexa, pola inflación e as incertidumes internacionais e do Goberno de España que tanto afectan ás familias, e que precisa que, a nivel local, como administración máis cercana, lle ofrezamos o mellor de nós aos veciños de Rodeiro para seguir saíndo adiante como fixemos ata a data”.

“Creo que é unha persoa idónea, pola súa seriedade e capacidade de traballo, para ofrecerlle un goberno serio e maioritario aos cidadáns, posto que coñece de xeito directo aos 2.400 veciños do municipio e caracterízase pola cercanía e empatía absoluta coa xente, que é algo que queremos manter e potenciar”, apostillou Somoza.

Cati Somoza explicou que, tras a etapa de case dez anos con Luis López e o remate da lexislatura con Rubén Quintá na Alcaldía, está claro que “en Rodeiro aparece un tempo novo, no que queremos dar continuidade ao moito bo feito ou que xa está en camiño, porque hai que lembrar que o proxecto do PP para Rodeiro é común e ten uns piares compartidos, pero no que queremos introducir certas melloras a prol dos veciños”.

“Na vida sempre se pode mellorar e nós somos moi autoesixentes, sobre todo cando se trata dos nosos veciños de Rodeiro, polo que estamos a traballar arreo para ofrecerlles o mellor equipo, un equipo no que Suso tivo a ben participar con moita xenerosidade e no que encaixa á perfección, e tamén para poñer sobre a mesa o mellor programa, que máis que un programa será un proxecto de todos. Tomarémolo como un compromiso persoal co desenvolvemento, o progreso e a mellora da calidade de vida da xente para que Rodeiro manteña e incremente os seus bos servizos públicos e siga a ser un concello cunha das maiores rendas per cápita de Galicia e un referente no sector agrogandeiro”, rematou Cati Somoza.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas