Home Tabeirós A Estrada A Xunta investirá 2,4M€ nos novos Xulgados da Estrada coa prevesión de...

A Xunta investirá 2,4M€ nos novos Xulgados da Estrada coa prevesión de comezar a obra na primavera

- Anuncio -

― Con 1.817 metros cadrados, o edificio constará dun soto para os arquivos, dunha planta baixa para os espazos públicos e dunha primeira planta na que se construirán os dous xulgados, que poderían entrar a funcionar na primavera do 2023

― No anteproxecto da Lei de Orzamentos aprobado onte polo Consello da Xunta figuran como actuacións destacadas a construción da nova sede xudicial do Imelga en Santiago; a dotación de servizos complementarios na nova Cidade da Xustiza de Vigo, e a posta en marcha do novo edificio xudicial na Estrada, con 1,4M€ para o 2022

― O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou na Estrada que con estas actuacións, coa dixitalización da xustiza, a modernización dos servizos e as obras de climatización e eficiencia enerxética, avánzase no obxectivo de achegar aos cidadáns un servizo xudicial máis eficaz e equitativo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a parcela da Estrada na que se vai a construír o novo edificio xudicial, unha actuación que ten un presuposto total de 2,4 millóns de euros (1,4 millóns no 2022 e un millón máis no 2023).

Nunha visita na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, Alfonso Rueda reuniuse co alcalde da Estrada, José López; co xuíz decano, Ricardo López, e co arquitecto redactor do anteproxecto, Víctor Manuel López, entre outros, para coñecer de primeira man os pormenores dunha obra que se prevé que comece na primavera do 2022 e finalice un ano despois, co obxectivo de que os novos xulgados da Estrada entren en funcionamento na verán de 2023.

O anteproxecto recolle as liñas xerais da obra nunha parcela cedida polo concello na que se levantará un edificio de 1.817 metros cadrados con dúas plantas; unha baixa na que se situarán os espazos públicos, con tres salas de vistas, e un primeiro andar para os dous xulgados do partido xudicial, ademais dun soto para arquivos. O inmoble terá, a maiores, decanato, sala de videoconferencias e de informática, sala de atención ás vítimas, rexistro civil, despacho e sala de agarda para o Imelga, despacho da fiscalía e un área para os profesionais da avogacía, procuradores e graduados sociais.

Á redacción do proxecto dos novos xulgados da Estrada na parcela cedida a tal fin polo Concello destínanse 60.000 euros este ano, pero a maior parte do investimento resérvase para o 2022, co inicio da obra do edificio no que a Xunta investirá 1,4 millóns de euros, e para o 2023, ano no que se investirá outro millón de euros máis e no que se prevé que entren a funcionar os novos xulgados.

Neste novo espazo traballarán 18 profesionais: dous xuíces, dous letrados da Administración da Xustiza, 12 funcionarios e dous axentes de seguridade.

Aposta pola modernización da xustiza
O vicepresidente primeiro ratificou na Estrada a aposta da Xunta pola modernización da xustixza, de tal xeito que destinará no 2022 preto de 8 millóns de euros a novas infraestruturas xudiciais. Ademais de 1,6M euros destinados a obras menores nos edificios xudiciais galegos.

O anteproxecto da Lei de Orzamentos aprobado onte no Consello da Xunta recolle, como actuacións destacadas da Dirección Xeral de Xustiza, dependente da Vicepresidencia Primeira da Xunta, a construción da nova sede xudicial do Imelga en Santiago, a dotación de servizos complementarios na nova Cidade da Xustiza de Vigo e a posta en marcha dun novo edificio xudicial na Estrada.

A sede central do Instituto de Medicina Legal de Galicia, se levantará nunha parcela cedida polo Concello de Santiago en Fontiñas e con esta actuación preténdese dotar aos forenses e traballadores dunhas instalacións dignas con todos os adiantos na medicina legal para dar aos usuarios en xeral, e as vítimas en particular, un servizo de calidade.

Unha vez rematada a construción e traslado dos servizos xudiciais de Vigo á nova Cidade da Xustiza levaranse a cabo actuacións para dotar ao complexo doutros servizos complementarios, entre os que destaca a dotación e posta en marcha da gardería da que poderán desfrutar os traballadores para facilitar a conciliación laboral e familiar. A Cidade da Xustiza de Vigo, que acollerá 38 unidades xudiciais nas dependencias do antigo Hospital Xeral da por concluído o Plan de Infraestruturas Xudiciais, no que a Xunta investiu 122 millóns de euros nos últimos anos.

Alfonso Rueda subliñou que estas inversións demostran o interese da Xunta por mellorar e modernizar as infraestruturas xudiciais galegas co obxectivo de “achegar aos cidadáns un servizo máis eficaz e equitativo”. Ás actuacións nas novas infraestruturas se suman as que se están levando a cabo para a climatización e eficiencia enerxética dos edificios xudiciais, así como a mellora da calidade do servizo que se ofrece tanto aos cidadáns en xeral como as vítimas, con actuacións como a posta en marcha das salas de vistas dixitais ou das salas Gesell, que permiten protexer e reservar a identidade de menores ou vítimas da violencia de xénero cando teñen que asistir a unha entrevista ou a unha declaración xudicial.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

Publicacións Relacionadas