HomeTabeirósA EstradaAdmitidas todas as solicitudes para participar na XIII edición do campus deportivo...

Admitidas todas as solicitudes para participar na XIII edición do campus deportivo de verán

- Anuncio -spot_img

A Concellaría de Deportes, que dirixe Ismael Pena, vén de facer pública a listaxe de admitidos/as na XIII edición do campus deportivo de verán, que terá lugar nas instalacións deportivas da Estrada durante os meses de xullo e agosto e para o que foron admitidas todas as solicitudes presentadas.

Unha vez revisadas as solicitudes, tivéronse en conta as dúas primeiras opcións escollidas por cada persoa solicitante. Aqueles que se anotaran para máis dunha quincena, terán garantida a súa participación, como mínimo, durante un mes. O mes de xullo contará con 360 menores divididos en dúas quincenas, e no mes de agosto serán 107 os/as participantes.

A listaxe coas persoas admitidas está publicada na páxina web do Concello da Estrada, www.aestrada.gal, indicando as quendas adxudicadas a cada participante. As familias dos menores inscritos deberán realizar o pagamento no Banco Sabadell, de xeito presencial ou telemático, e entregarlle ao monitor ou monitora o xustificante de pago o primeiro día da actividade.

Publicacións Relacionadas