Home Tabeirós A Estrada O BNG solicita ao goberno local que manteña a carballeira da Estrada

O BNG solicita ao goberno local que manteña a carballeira da Estrada

- Anuncio -

O pasado mércores a borrasca Kirk pasou por toda Galiza. No noso concello prevíanse ventos de entre 100 e 120 km/h, estaba en alerta laranxa polos fortes ventos e aínda así non houbo ningún tipo de actuación preventiva por parte do goberno local. “Isto é un desgoberno total. Non existe xestión a ningún nivel” remarcan desde a fronte nacionalista.

O PPdeG anunciou con triunfalismo que a normalidade volvera á Estrada o día xoves, tan só 24 horas despois da borrasca. Porén, a situación é ben distinta. Segue a haber marquesiñas esnaquizadas, pólas caídas ou uralitas espalladas en múltiples lugares do concello. Na propia alameda hai árbores arrincadas, que se suman ás que xa estaban mortas na mesma localización.
“Mención á parte require a carballeira da Estrada” di Reices. A pesar das reiteradas peticións do BNG para o correcto mantemento deste espazo está en estado de abandono. Días despois da borrasca Kirk todos os ramallos seguen no chan e, peor aínda, hai pólas esgazadas en altura que ameazan con caer e son un risco para calquera que pase por aí. Desde o Bloque instan ao goberno a actuar de xeito inmediato na carballeira para manter a seguridade e retirar os restos do temporal.

Ademais os nacionalistas propoñen que as pólas recollidas se fendan para leña e se sorteen entre a veciñanza, un sorteo ao que tamén se podería anotar o alcalde. “A ver se co incentivo de poder conseguir leña gratis Gonzalo fai o seu traballo” ironizan os nacionalistas.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas