BNG propón converter o punto limpo nun espazo de reutilización e reciclaxe
O concello da Estrada vén de anuncia a reforma do punto limpo para incorporarlle unha serie de melloras para facelo máis útil ás veciñas e veciñas. As obras de reforma obrigará a pechar o punto limpo, como mínimo, durante un mes, ou iso é o que se desprende das noticias publicadas polos medios.
Sen embargo o concelleiro do BNG, Xoán Reices pensa que se debería habilitar unha alternativa ao punto limpo, “un mes é demasiado tempo como para que un servizo deste tipo, que utilizan a diario os veciños e veciñas do noso concello, estea sen cobertura; evidentemente as obras se son necesarias hai que facelas, pero o concello non pode pechar este servizo sen poñer enriba da mesa unha alternativa”.
“É de sentido común”, afirma Reices, “haberá veciños e veciñas que poidan agardar un mes para levar ao punto limpo todo o material que lles sobra, mais hai outros que non, por exemplo aquelas persoas que vaian realizar reformas na casa, oficinas, etc, necesitan unha alternativa”, afirma.
“Por iso insto ao goberno municipal a buscar un espazo para o punto de limpo que dea servizo aos veciños e veciñas durante o mes que duren as obras”, reclama o concelleiro do BNG.
Punto de reciclaxe e reutilización
“Por outra parte”, engade Reices, “entendemos que o punto limpo non só debe ser un espazo onde levar todo aquelo que queremos tirar, hai cousas que poden ser reutilizadas por outras persoas”. “Hai concellos como o de Valga que teñen este servizo”, afirma Reices, “e pensamos que xa que o concello da Estrada vai facer unha reforma do punto limpo, este novo servizo pode dar un novo valor ao espazo, e reducir ao tempo o número de quilos de refugallo que se envía a SOGAMA, e polo tanto a factura que pagamos a este ente público”.