Home Tabeirós A Estrada Segunda residencia de maiores si, pero pública

Segunda residencia de maiores si, pero pública

- Anuncio -

Xoán Reices: “O goberno municipal conta co goberno da Xunta e coa Deputación de Pontevedra para botar unha man no tema económico; se queren poden facelo!”

Segundo informacións publicadas nun medio de comunicación local o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao “ofreceu” todo o apoio do goberno municipal para “axilizar” a tramitación urbanística dunha segunda residencia para persoas maiores na Estrada.

Para o concelleiro do BNG, Xoán Reices, “o que debería facer o alcalde é traballar sen descanso para que a Estrada teña unha nova residencia, pero pública, para prestar un servizo de calidade e asequíbel as persoas maiores que o soliciten”.

“O que non é de recibo”, explica Reices, “é a teima do PP de dar todo tipo de facilidades ás empresas que fan negocio cos coidados das persoas maiores e dependentes, cando, como xestores públicos, a súa preocupación debería ser a de promover servizos públicos para todos os veciños e veciñas”.

O concelleiro do BNG engade “o goberno municipal ten todo na súa man para facer unha residencia pública na Estrada, contan co goberno da Xunta e coa Deputación de Pontevedra para botar unha man no tema económico, non poden dicir que non hai cartos, xa que para outras cousas máis prescindíbeis si os hai”. “Por iso”, indica, “instamos ao alcalde a traballar para que a Estrada teña unha residencia pública de maiores, no canto de estender a alfombra vermella ás empresas privadas que fan negocios cos nosos maiores”.

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas