Xoán Reices e Ricardo Camba, concelleiros do BNG da Estrada, participaron hoxe na concentración veciñal para opoñerse á retirada da farola da Praza que lle dá nome popularmente no noso concello.
Xoań Reices pediu ao alcalde que “escoite o clamor dos veciños e veciñas que están en contra de retirar do centro da praza este símbolo da vila”. “A xente quere a farola no seu sitio”, engadiu.
Por outra parte o concelleiro nacionalista tamén pediu ao alcalde que “retire este proxecto de reforma da praza que nos vai custar 1.200.000 euros; uns cartos que, como xa indicamos no seu día, deberían adicalos a reformar e humanizar outras rúas do noso concello máis necesitadas que a Praza da Farola, cuxa última reforma ten pouco máis de 20 anos, ou a outras necesidades máis acuciantes dos veciños e veciñas, como máis horas para o SAF, por exemplo”. “De sabios é rectificar”, afirmou Reices.